Cervo, 16 de maio de 2014- O Concello de Cervo e o CD San Ciprián deron a coñecer ao público a campaña “Eu tamén quero xogar no Sanci”. Unha presentación oficial que tivo lugar no Auditorio de Casa da Cultura e á que estaban convocados os pais e nais do alumnado dos colexios de primaria así como a poboación en xeral que estivese interesada en coñecer os novos obxectivos do club de cara á seguinte temporada.
Un acto no que participaron representantes do Concello e do Club Deportivo. Nel, a administración local amosou o seu apoio á nova oferta deportiva do club e reiterou o seu compromiso co deporte de base. Da mesma maneira, lembrou as novas posibilidades de adestramento e de utilización en xeral que se abrirán cando estea rematada a remodelación do campo de fútbol que financia o Concello e que inclúe a instalación de herba artificial e outras melloras.
Pola súa banda os membros do CD San Ciprián explicaron os detalles da nova campaña, que consiste principalmente en abrir o club a todas as categorías do fútbol base, dende benxamín, alevín e infantil ata os nacidos entre 1996 e 2000. Deste xeito, o club pretende conformar equipos en todas as categorías, e tamén ampliar a súa actividade, algo que ata o de agora era inviable porque o campo non permitía o adestramento e o xogo intensivo.
Unha campaña na que tamén se deu a coñecer que todas as actividades que ofreza o club serán gratuítas, incluídas as equipacións, algo que é posible grazas aos patrocinadores, como é o caso do Concello de Cervo, que tamén colabora cos demais clubs de fútbol do municipio e outras entidades deportivas.
O edil de Deportes, Luis Guillén, destacou o obxectivo de “captar xogadores para todas as categorías do fútbol base” como unha forma de que “os nosos nenos poidan xogar no equipo do seu pobo”. Ao mesmo tempo, Guillén resalta a importancia de “aproveitar ao máximo as novas opcións de uso do campo de fútbol e conseguir que sexa unha instalación da que se beneficie o máximo número de persoas posible”.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
