O poder pode facerche millonario pero tamén podete voltar “Tonto do cú”. Pode converterte nun bobo rico. Refírome á riqueza material, a crematística, non á outra, á boa. Un claro exemplo é o ex ministro Arias Cañete, que pasaba por ser o máis rico do Goberno de Rajoy.
O home anda por a Peninsula iberica contando pamplinas tales como que “os recortes acabáronse e mantivemos o estado de benestar”. Será o seu e o doutros ricos, que medrou á vez que o dos pobres e a clase media desapareceu ata nova orde.
O cabeza de lista do PP ao Parlamento Europeo soltounos outras lindezas como que “os españois estanse dando conta de que os sacrificios valeron a pena”.
Pero posiblemente a perla máis surrealista deste millonario gasolineiro, traficante de licencias de liño e aristócrata consorte é o menosprezo que fai da democracia ao asegurar que: “Un debate entre un home a unha muller é máis complicado, xa que pode parecer que estas acurralando a unha muller indefensa”. “Si na túa intervención parece que queres ser superior, mostrar unha superioridade intelectual, pode ser considerado machista.
Terían sentido as súas declaracións fixeras despois de un mitin dado en as instalacions de unha bodega rioxana, pero non foi entre cheiros etílicos da uva , senón na entrevista que concedeu a unha televisión.
Aznar e Rajoy haberían despachado a comparecencia cun ¡viva o viño!. Iso foi o único que lle faltou dicir a Cañete, que ten apelido de cabo furriel e cara de Santa Claus.
Quizábes tomou un yogur caducado por a mañaciña e deulle por dicir tonterías, emulando ao seu amigo Mariano. Estes póñense contentos con calquera cousa cando tocan o ceo tras brindar con viño ou con yogur caducado. Son así de simples.
Otero Regal.