O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este sábado o V Congreso Galego de Comunidades de Montes apostando por dotar a estes terreos comunais dunha “especial protección, unha lexislación que amose unha especial sensibilidade para favorecer na medida do posible os mecanismos que permitan a súa xestión sustenbable”. Xunto a Gómez Besteiro, no acto de apertura de encontro, que se desenvolverá durante toda a xornada deste sábasdo en San Marcos baixo o título Monte Veciñal: Organización e Xestión, estiveron Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, e Antonio Cagide, presidente do congreso, entre outros. Na cita participan unhas 200 persoas chegadas de toda Galicia e tamén de Asturias.
Gómez Besteiro lamentou que, fronte á especial protección que “todos os comuneiros que estades aquí tedes claro que merecen estes terreos, a vixente Lei de Montes de Galicia do 2012 parece ter máis intención de especular con estes ben comúns que facilitar que as comunidades poidan poñer en valor e aproveitar as súas terras en beneficio de todos”.
O mandatario provincial subliñou neste senso a gran importancia do sector: “Contamos co territorio forestal máis produtivo de toda a Unión Europea, grazas a un millón e medio de hectáreas, o que convirte á explotación forestal nun sector especialmente relevante, dando emprego a máis de 15.000 persoas, e xerando un volume de negocio de máis de 300 millóns anuais, que aumentan ata os 1.600 millóns e os 23.000 traballadores se incluímos a industria da transformación da madeira”.
“O potencial dos montes galegos é inmenso”, engadiu, “son zonas de produción de castaña; de produción micolóxica e de produción de biomasa; son destinos para o turismo de natureza; de aventura; son refuxio de especies únicas animais e vexetais e de moitas das nosas razas autóctonas”. O Presidente tamén incidiu na “relación inequívoca e inversamente proporcional entre a riqueza que xera un monte e os incendios; canto máis produce, menos arde”, así como na “substancial diferencia entre a media de 0,22 hectáreas que teñen as parcelas de monte de titularidade privada e as de propiedade comunitaria, con máis de 230 hectáreas de media”.
O Presidente destacou a cualidade dos montes como bens públicos a preservar e poñer en valor lembrando o que dicía a propia Deputación no século XIX nun estudo sobre a situación dos montes tras as sucesivas amortizacións: “La propiedad de los montes no pertenece a nadie exclusivamente, su aprovechamiento es de todos los vecinos, y este derecho es tan antiguo como la sociedad”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



