O VALADOURO, 13 DE MAIO DE 2014.- A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG-PSOE –Fe Álvarez-, a deputada provincial –Sonsoles López-, o alcalde de O Valadouro –Edmundo Maseda-, e o secretario de Agricultura de Unións Agrarias –José Ramón Gónzález-, reclamaron este martes, durante a reunión que mantiveron en dito municipio mariñano con produtores de agricultura ecolóxica, a necesidade de reforzar este sector, facilitando o seu acceso ao mercado, a través de estratexias comunitarias como a Política Agraria Común, e coa creación dun plan estratéxico que respalde o fomento da actividade e a consolidación dos mercados para estes produtos de calidade.
Os socialistas fixeron esta petición, logo de constatar que os Gobernos do Partido Popular “castigaron a este sector no reparto da PAC”. E é que os produtores de hortalizas e froitas quedaron fóra do reparto, “grazas á decisión do Sr. Cañete e a que a Sr. Quintana non moveu nin un só dedo para defender os intereses destes profesionais”, indicaron.
A secretaria de Medio Ambiente defendeu a proposta dos socialistas, amparándose no forte aumento de demanda que experimentou este tipo de agricultura no último ano. Concretamente, a superficie inscrita en Galicia en 2013 incrementouse nun 11,26,%, segundo o último estudo de CRAEGA. Por provincias, en Lugo este aumento, con máis de 6.900 hectáreas, situouse nun 8,22%; en Coruña, a suba foi do 48%, mentras que, en Pontevedra e Ourense, diminuíu un 2,34%, no primeiro caso, e un 9,17%, no segundo.
“Queremos unha produción maior e mellor na UE”
A marxe para aumentar o nivel de certificación ecolóxica é “amplísimo,” sobre todo, en sectores como o de mazá que, en Galicia, representa máis do 29% de toda a produción española; ou o kiwi con preto do 70%. Non menos destacables, indicou Fe Álvarez, son as posibilidades de certificación ecolóxica con producións de distintas carnes, como a cría de coellos, que representa case o 19% do total nacional, ou as galiñas para carne que chegan a sobrepasar o 26%.
Así mesmo, na Comunidade existen 15.000 hectáreas dedicadas a este fin, segundo as últimas cifras oficiais avaladas polo Ministerio de Agricultura; o que supón o 1,0% do territorio nacional e, o número de explotacións agrícolas, representa o 8,2% de España.
“As cifras son tan elocuentes que pouco pode engadir o Goberno galego para certificar a súa nula xestión do medio rural. É un drama que non se dean conta que as explotacións manteñen a vitalidade dos pobos, crean emprego, xeran importantes beneficos sociais, culturais e meidoambientais e son a única ferramenta eficaz na loita contra os incendios”. Para os socialistas, a agricultura e a gandeiría ecolóxica suponen “unha alternativa para os pequenos agricultores e gandeiros, para a agricultura familiar que é a que leva alimentos de calidade ás nosas mesas e é garantía de seguridde alimentaria”. Por este motivo, lamentaron que Galicia se conforme con representar “un mísero 1% de hectáreas de cultivos no conxunto de España e se atope á cola de España e de Europa con gran potencial que ten”.
“Queremos unha produción ecolóxica maior e mellor na UE, que consolide a confianza dos consumidores nos produtos bio e elimine obstáculos para o seu desenvolvemento”, sublliñou a secretaria de Medio Ambiente do PSdeG-PSOE.
Un sector en auxe
Segundo o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), este é un sector en auxe. Destaca, principalmente, a produción láctea e os seus derivados, que representan un terzo do volumen económico total, seguido de foitas, verduras e carne fresca, ademais doutros produtos como castañas, mazás, ovos ou pensos.
Unha parte importante desta produción destínase ao consumo exterior, onde vai parar máis dunha terceira parte do total. En termos económicos, o volumen de negocio alcanzado o pasado ano superou os 25,9 millóns de euros. Tamén cabe sinalar o aumento de agricultores e gandeiros adheridos ao Consello Regulador. Concretamente, son máis de 500 os agricultores e gandeiros que traballan baixo unha certificación avalada por Europa.
Compromiso da Deputación
Dada a importancia do sector nesta provincia, a deputada provincial –Sonsoles López- puxo de relevo a forte aposta da Deputación por impulsar este sector, e que se materializa na posta en marcha da primeira Escola pública e gratuíta de horticultura no Valadouro; o programa Fórmate en Verde, a través do que se ofrecen cursos de formación ecolóxica, nos que xa participaron 1.400 persoas; ou a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



