Burela, 13 de maio 2014. Nun acto celebrado polo BNG en Burela a número tres da candidatura do BNG, Olalla Rodil, dixo que “o 25 de maio temos a oportunidade de votar en contra dun modelo de Europa dominado pola dereita europea, que en Galiza representa o PP de Arias Cañete e Feijóo”. Rodil, en alusión ao PP, afirmou que “aplican unha política de recortes que causan emigración, paro, pobreza e sufrimento nas familias e na maior parte da cidadanía”, e engadiu “unha política que nos impide producir, que nos impide traballar e vivir do noso”. No acto, Olalla Rodil, estivo acompañada polo voceiro do BNG no concello de Burela, Mario Pillado, a responsábel comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida,
“Defendemos o dereito a vivir dignamente na Galiza, tamén aquí en Burela, onde queremos vivir da pesca, do noso mar, que nos deixen traballar dos nosos recursos”, reclamou Olalla Rodil, en referencia ao sector pesqueiro que conforma unha actividade económica estratéxica en Burela e na comarca do Mariña non so no proceso extractivo senón tamén na transformación. Olalla Rodil loubou o traballo realizado pola formación nacionalista en Europa, a través da eurodeputada Ana Miranda, durante esta lexislatura onde reivindicou “un tratamento diferenciado e prioritario, con fondos específicos para o sector”.
Como exemplo da situación no parlamento europeo, Olalla Rodil, referiuse a “batalla” que o BNG deu en Europa a prol do sector como mediadora para levar as problemáticas da pesca galega alí onde se toman decisións que lle afectan. Neste sentido referiuse á flota do Gran Sol, unha zona na que os barcos mariñaos faenan dende fai décadas, “que cando entramos na CEE traballaban 300 barcos e hoxe 84, 70 deles galegos” ou á pesca da xarda con 153 barcos pescando e 2.300 toneladas de cota, mentres Alemaña con 3 dispón de 22.000 toneladas.
Rodil fixo fincapé na importancia de manter a capacidade pesqueira e transformadora “como fonte de emprego na comarca mariñá e no conxunto de Galiza”, cada posto de traballo no mar son tres ou catro en terra polo que é evidente que mentres na UE, PP e PSOE, mesmo tamén nalgún caso IU votaban nun 70% das ocasións xuntos, non estaban mirando para os intereses galegos nin tampouco poñendo por diante o mantemento de postos de traballo vinculados a un sector pesqueiro que no conxunto do Estado perdeu entre 2006 e 2011 un 50% do emprego existente.
Unha defensa que contrapuxo co “abandono e a traizón” do PP a Galiza en Europa, “onde aposta polo despezamento de barcos, cando o que pide o sector é poder traballar en igualdade de condicións ou axudas para modernizar os barcos e poder traballar en mellores condicións de seguridade”. “Esta Europa antisocial e antidemocrática non quere que os barcos galegos vaian pescar, non quere que vaian ao mar, prefire que vaian á chatarra”, criticou a candidata número 3 do BNG, que defendeu para o noso país “outras políticas” de “apoio aos sectores produtivos”.
O PP quere que quedemos na casa
A candidata nacionalista tamén lembrou que “o BNG levou a Europa a voz dos colectivos galegos que o precisaban” e fixo especial referencia aos afectados pola estafa das preferentes e aos emigrantes retornados acosados pola Facenda española que ven “roubados” os seus aforros. Olalla Rodil dixo que “o PP está empeñado en que a xente se quede na casa e non vaia votar para poder seguir facendo as cousas coma ata agora, beneficiando aos bancos e prexudicando á xente”. Denunciou tamén o “intento de silenciar ao BNG”, nos medios de comunicación públicos, “pero non o van lograr, porque Ana Miranda é unha muller galega, rabuda, loitadora e traballadora que non van poder calar”, destacou Olalla Rodil.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



