Lugo, 9 de maio de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga foi o encargado de clausurar a XXI edición das Xornadas Expomar, celebradas entre este xoves e o venres na Cofraría de Pescadores de Burela e organizadas pola Fundación Expomar en colaboración coa institución provincial.
Durante estes dous días, compareceron en Burela sete expertos en dúas sesións nas que se trataron opinións de xestores públicos e privados para confrontar coas dos profesionais nos debates posteriores ás súas intervencións.
As novas consecuencias das normas comunitarias na regulación da pesca e a sustentabilidade no sector pesqueiro foron as temáticas principais a tratar nesta nova edición das Xornadas Expomar, que se teñen convertido nunha das citas máis consolidadas do sector pesqueiro a nivel nacional e estatal.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga “denunciou a indefensión que está a sufrir o sector pesqueiro galego, así como as malísimas consecuencias que traerán as políticas adoptadas nesta materia pola Unión Europea, como o reparto de cotas pesqueiras, para o futuro da flota galega”.
“Non é de recibo – continuou o Vicepresidente – que preto de 150 embarcacións de baixura foran desguazados cando paralelamente se aumentaron as cotas de pescada ata case un 50%, polo que sería conveniente unha modificación dos criterios dos Fondos europeos para que recaian no impulso da actividade pesqueira e non na súa destrución”.
“Dende logo, esperamos que estas xornadas serviran para concienciarnos todos da pésima situación que está a vivir a pesca en Galiza, unha situación que se retrotrae a 28 anos atrás, cunha discriminación continua dende Europa, e que as vindeiras edicións destas xornadas vaian encamiñadas nesa busca de solucións que o sector pesqueiro galego precisa” – concluíu Veiga.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



