O Enduro Team Galipizza&Cía participou este domingo no Enduro de Vilar de Mouros (Portugal), unha proba puntuable para a Liga Galega de moto de campo, con Manuel Grandío no Open 2T e Santi Chao en veteranos 4T.
Nun día moi duro (xa que as temperaturas sobrepasaron os 25º) e nun sitio que fixo mella nos dous pilotos, a pesar de ser perfecto para a práctica do enduro, ambos lograron cruzar o ecuador da carreira; pero ningún lograba acabala. Manuel por problemas mecánicos xa na última volta e Santi por un pinchazo ó acabar a segunda volta deixábao sen opcións para acabar a proba.
“Esto fai que voltemos de Portugal cun sabor agridoce, porque íamos con moita ilusión para esta carreira, inspirados na xente que dicía que era un sitio espectacular para facer enduro, e cunha organización perfecta, e aínda que non acadamos uns postos altos da clasificación, si que conseguimos estar a un gran nivel as primeiras voltas”.
Agora só queda recuperarse e prepararse para a próxima cita que terá lugar o vindeiro domingo en Sober.