RECUNCHO DE ECONOMÍA. Na campaña electoral das eleccións europeas saíu de novo á palestra, como non podía ser menos, o tema do rescate financeiro de Espalandia. Lembramos, de novo, que a UE prestounos 41.000 millóns de euros para sanear a banca e as caixas de aforro; como todo préstamo, haberá que devolvelo, cos seus correspondentes intereses.
Baixando da macroeconomía á microeconomía, a pé de rúa, penso que se entende mellor a cuestión: teremos que pagar nos tributos dos anos vindeiros 875 euros cada persoa de Espalandia (ao redor de 2.200 euros por fogar) para rescatar nós, a cidadanía, a un sistema financeiro que Zapatero, en plena éxtase de poder, calificou como “de los más sólidos del mundo”. Del mundo mundial, faltoulle engadir.
– Pilar, leve tamén estes euros para a compra dos mobles e algúns máis para cambio do coche, que xa ten os seus anos (o coche, quero dicir…). Aproveite que os intereses están baixísimos e ademais pode pagar ata en 50 anos.
– Xosé, compre estas participación preferentes, que lle producirán una gran rendibilidade …e poderá dispoñer dos cartos cando queira.
– Ana, non se preocupe, esa “claúsula súelo” non lle vai afectar negativamente; é algo que poñemos agora en todos os contratos hipotecarios e que lle beneficiará se no futuro soben as taxas de interese, porque non lle pasarán nunca do 14´25%.
– Ramón, firme aquí e a hipoteca xa está concedida; por iso que pon alí do “swap” non se preocupe, durma vostede tranquilo; é simplemente un tecnicismo financeiro pola cal queda vostede cuberto de posibles subas futuras das taxas de interese.
– Carmiña, asine aí abaixo. Por que pon que a consideramos “investidora”? Nada, un requisito burocrático máis que non mandan cubrir agora. Se un fixese caso de todo o que se pon nos papeis! Ben sabe vostede que o papel terma de todo o que lle poñen!
Así, pasiño a pasiño, oficina a oficina, da man da gran amabilidade dos comerciais da banca aos que lle touco participar neste gran fraude, os bancos e caixas de aforro foron amasando millóns de euros que lle permitiron acadar uns beneficios cada ano moito maiores que o anterior…ata que a burbulla financeira estoupou.
A quebra de Lehman Brothers, en setembro de 2008, foi o disparo de saída para o derrubo dos naipes que sostiñan o castelo no aire. A moitos xenios financeiros caeulles a máscara e descubriuse o que había debaixo: planificadores e executores dunha gran estafa colectiva, focalizada especialmente nos colectivos con menor coñecemento financeiro.
As cadeas seguen a estar á espera de que vaian rendendo contas ante a xustiza e devolvendo o diñeiro que non lles pertencía (máis os intereses xerados) unha chea de (i)rresponsables, antes “xenios das finanzas”, que se enriqueceron á costa da ruína de centos de miles de clientes en Espalandia.
E en Galilandia que? Máis do mesmo. Velaí 9.000 millóns de euros da cidadanía enterrados en NovaGaliciaBanco, para logo agasallar con ela á banca estranxeira por 400 millóns de euros a pagar nos primeiros meses e outros 600 cun prazo longo de abondo para que poida xeralos coa súa actividade financeira normal.
Gran oportunidade desaproveitada para que, xa que a pagamos con fondos públicos, se crease unha banca pública galega, unha panca para darlle pulo ao desenvolvemento económico-social e cultural de Galicia. Non contemplaron esa posibilidade os gurús financeiros nin os políticos que nos (des)gobernan; iso é cousa do pasado.
Xa en 1921 Lois Peña Novo, o primeiro concelleiro electo nunha candidatura nacionalista galega, chamou a crear unha banca pública galega no seu libro: La Mancomunidade Gallega. En xuño 1931 recolleuse este anceio no Proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia que se aprobou na Asemblea de A Coruña, da que Peña Novo foi poñente e voceiro principal.
Como é pasado o labor teimudo de Alexandre Bóveda a prol desta mostra da soberanía galega no eido financeiro, como corresponsable da redacción do Anteproxecto de Estatuto do Seminario de Estudos Galegos (1931)e alma mater do Proxecto de Autonomía que aprobou en plebiscito o pobo galego o 28 de xuño de 1936.
Canto poderían aprender do pasado os especuladores financeiros que xa andan outra vez ás andadas, colocando na rede bancaria á clientela produtos de alto risco!. A culpa non é só deles. Tamén dos gobernos que llo permiten.
Despídese un dos millóns dos verdadeiros rescatadores; un dos que, á fin, pagaremos do noso peto o rescate financeiro, anque a fama de facer a achega vaia para a UE.
MANUEL ROCA CENDÁN


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



