O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA vén de ser admitido como membro da Federación de Cineclubes de Galicia na súa última Asemblea Xeral celebrada na cidade de Ourense. O Colectivo viveirense, que organizou xa varias actividades como cineclube, programará novas proxeccións cinematográficas en Viveiro nos vindeiros meses, agora xa como membro desta Federación. Por outra banda, o Colectivo informa que o vindeiro sábado 7 de xuño, ás 20:30 horas, organizará no Teatro Pastor Díaz o concerto homenaxe a Miro Casabella, “Por ceibar a voz”, que contará ademais coa presencia do homenaxeado.
Pensamento e Sementeira, membro da Federación de Cineclubes de Galicia
Pensamento e Sementeira, membro da Federación de Cineclubes de Galicia
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón