CADERNOS DA VIAXE. Os comentarios machistas do candidato Arias Cañete reflicten unha mentalidade antiga, prexuizosa e pouco aquelada á propia dunha sociedade europea, moderna e avanzada. Chove sobre mollado, porque xa no 2000 proclamara nunha das súas ocorrencias que o regadío había que usalo con xeito, como ás mulleres. E, para a nosa desgraza non é o único caso. Porque estamos diante dun fenómeno bastante xeralizado na sociedade. Hoxe é o machismo, mais tamén o racismo e a homofobia.
As persoas prexuizosas, que acreditan que a homosexualidade ou transexualidade son doenzas, que a muller é unha cidadá de segunda ou que os brancos sómoslle máis listos ca os negros non constitúen unha excepción illada, malia que por sorte non sexan maioría. Pero é indubidábel que teñen certa presenza en determinadas elites, como concordarán os que de xeito cotián ou espallado partillen determinados ambientes. Os que tiñan que dar exemplo coas súas actitudes democráticas e integradoras moitas veces non o dan. E, claro, tras dun homófobo Putin hailles millóns de rusos. Como son moitos centos os que apupan aos xogadores negros nas canchas de fútbol españolas ou italianas.
Di SOS Racismo Galicia que o problema xa o temos nas nosas cidades. Que nos centros de ensino e no Twitter multiplícase o acoso ás persoas de pel escura. E os observatorios de violencia de xénero denuncian que moitos dos nosos adolescentes teñen interiorizado roles patriarcais: mulleres submisas e homes ciumentos.
En realidade unha mentalidade machista, homófoba ou sexista é propia de persoas pouco intelixentes, reaccionarios e refractarios ás novidades. Velaí que sexa un problema, nomeadamente, de educación. Mais tamén pode chegar ser un problema de convivencia cívica e de seguridade cidadá.
O que é máis seguro, polo de agora, é non acreditar nesta caste de personaxes para dirixir nin a comunidade de veciños. Porque, como moi ben saben vostedes, sonlles así.
Xoán Antón Pérez-Lema


















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



