Ribadeo, 16 de maio de 2014. A praza de Abastos de Ribadeo foi escenario este venres á tarde do obradoiro de cociña Á beira do mar. Trátase dunha das actividades enmarcadas no programa do Ribadeo de tapeo. O encargado de impartilo foi Suso Liste, cociñeiro e mestre da Escola de Hostalería de Foz. O peixe foi o protagonista da xornada, que foi seguida por preto de medio cento de persoas.
O obxectivo do curso era a divulgación gastronómica dos produtos das lonxas locais. Manipulado, cociñado e aporte nutricional dos peixes. Os asistentes viron “como se limpa o peixe, como racionar un peixe para saber o rendemento, como cociñar o peixe, tanto en formato rápido como mais pousado, aproveitando o mesmo para sopas e fumets”. O obradoiro resultou moi interesante, segundo ACISA.
O obradoiro de cociña Á beira do mar foi organizado por ACISA, A Mariña Federación e o Grupo de Acción Costeira 1 A Mariña-Ortegal.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



