Ribadeo, 21 de maio de 2014. Está aberto o prazo de inscrición para participar no VIII Curso Temático de Verán sobre Educación Infantil na Mariña que se celebrará en Ribadeo os días 21 e 22 de xuño, organizado pola Universidade da Coruña, o Concello ribadense e o Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga. Esta edición versará sobre a Educación e animación da infancia en contextos e tempos diversos. O curso foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello.
O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que se trata “dun curso referencial a nivel galego neste ámbito da educación infantil. Ten unha importancia moi elevada, xa que está destinado a contribuír á formación e á reciclaxe de profesionais que traballan con nen@s nos seus primeiros anos de vida, precisamente cando se está a desenvolver a personalidade deses cativ@s, que dentro duns anos serán os que dirixan o mundo”. Ao rexedor parécelle axeitado o título do curso de verán “aos tempos que corren, absolutamente en cambio, como estamos a ver todos os días, desde o punto de vista socioeconomico, socioeducativo, etc, etc”.
A directora do CIFP Porta da Auga, Beatriz Dobaño, dixo que “continuamos un año más apoyando la iniciativa del director del curso, Suso Ferreiro, porque nos interesa esa formación que más allá de lo que se da en el aula, queremos seguir apoyando esa formación complementaria. Con estos cursos se consigue que se analice otra forma de ver la educación infantil y que se traten temas de mucho interés y nuevos”. E engadiu que neste 2014 “se verá, por ejemplo, cómo se puede educar y animar a los niños en un hospital, fuera de lo que es ese entorno tan conocido y tan protegido como es el centro escolar”.
No curso, que terá lugar os días 21 e 22 de xuño no Teatro, en Ribadeo, abordaranse cuestións coma as realidades e desafíos da animación sociocultural nunha sociedade de redes; a infancia e os museos pedagóxicos; os equipamentos de educación ambiental en Galicia; a granxa escola coma espazo educativo, medio ambiental e de lecer; a aula hospitalaria coma espazo educativo e o teatro e infancia, potencial sensibilizador, reflexivo e educativo.
O director do curso, Xesús Ferreiro, lembrou que “o ano pasado o curso xirou arredor do xogos, e neste 2014 abrimos a perspectiva e iremos a contextos diversos para abordar a educación neses outros ámbitos fora do espazo escolar, da educación regrada, que se correspondería con outros espazos e con outros tempos, é dicir non única e exclusivamente cunha sesión matutina, por exemplo”.
As persoas interesadas en participar neste curso de verán, do que se ofertan 125 prazas, obter máis información na web: www.udc.es/occ






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



