Ribadeo, 9 de maio de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que o concurso gastronómico Ribadeo de tapeo será un importante elemento dinamizador do tecido económico do concello. A vila e as parroquias recibirán a milleiros de persoas ata o 18 de maio, que se achegarán a degustar as creacións en miniatura dos 48 establecementos hostaleiros que participan na novena edición desta cita.
O rexedor sinalou que “aquí, en Ribadeo, sempre nos gusta aproveitar o que temos para poñelo en valor, se cadra, un chisco máis. De aí que, xa que temos unha moi boa hostalería, principiamos nesta fin de semana este Ribadeo de tapeo, que se vai desenvolver do 10 ao 18 de maio e sen dúbida vai traer moita xente, como tódolos anos, e vai ser un elemento de dinamización do tecido económico local da vila de Ribadeo e tamén nas parroquias, porque o Ribadeo de tapeo non soamente é nos bares e restaurantes da vila senón tamén nos de varias parroquias do noso concello”.
Suárez Barcia dixo que “tamén temos que poñer en valor a riqueza natural que temos, como esta xoia que é a praia das Catedrais, onde mañá empezan as actividades do Xeolodía, no que toda esta riqueza natural vai ser explicada a través dos ollos dun xeólogo. Para esta actividade xa temos totalmente cubertas as prazas, pero haberá máis días e temos que facer o posible para ir concienciando á xente, tanto á do concello de Ribadeo como a de fóra, sobre a riqueza económica que temos, no sentido natural, e que iso temos que conservalo, regulalo e que funcione para todo o ano, non soamente para 15 ou 20 días”.
O alcalde convida “a todas as persoas de Ribadeo, de fóra, da Mariña, do Occidente asturiano a que se sigan achegando, como o fan, a Ribadeo; que aproveiten as escusas que temos, ben sexa o tapeo ou as actividades lúdicas ou culturais que estamos promovendo dende o Concello de Ribadeo para, facendo entre todos, ir consolidando esta pequena cidade entre Xixón e Ferrol na que temos convertido a Ribadeo”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



