O sábado 10 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXI TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:00 horas coa presencia de 6 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Outeiro de Rei, a E.X. Porta Norte de Burela/Ribadeo/Viveiro, o C. Filigrana de Lugo e o C. Violeta de Baamonde, con 230 ximnastas en competición. Perto de 500 persoas abarrotaron o Pavillón Municipal.
O Torneo, como é preceptivo, comezou antes da hora citada co quecemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:00 horas abreuse a competición.
Dentro dos resultados obtidos pola Escola Municipal de Xove, salientamos:
-Categoría baby: 2º clasificado:
-Categoría alevín: 2º clasificado.
-Cateogría cadete: 1º clasificado.
-Categoría senior: 2º clasificado.
Rematou o Torneo coa entrega de medallas trofeos aos gañadores, acto presidio polo Alcalde Demetrio Salgueiro, que estivo acompañado pola Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e outras autoridades.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



