Burela, 28 de maio de 2014. A Concellería de Medio Ambiente ten programada unha visita guiada a Sogama “para ver in situ como se xestionan os residuos urbanos”. Será o vindeiro 4 de xuño e a actividade servirá para conmemorar o día mundial do medio ambiente, que se celebra ao día seguinte.
As persoas interesadas en acudir a esta viaxe poden anotarse no seguinte número de teléfono: 982 58 08 67.
Segundo explican desde a Delegación Municipal de Medio Ambiente “o día mundial do medio ambiente é un vínculo por medio do cal a Organización das Nacións Unidas sensibiliza á poboación mundial en relación a temas ambientais intensificando a atención e a acción política. Os obxectivos principais son brindar un contexto humano, motivar ás persoas para que se convertan en axentes activos dun desenrolo sustentable e equitativo; promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara temas ambientais, e fomentar a cooperación para que o medio ambiente sexa sostible, pois esta garantirá que todas as nacións y persoas disfruten dun futuro máis próspero e seguro”.
Ademais as monitoras de Gaia realizarán o xogo Pasapalabra cos alumnos e alumnas do CEIP Virxe do Carme. O día 3 de xuño será cos rapaces de 1º e 2º, o 4 de xuño será a quenda de 3º e 4º e o 11 de xuño rematará a actividade cos rapaces de 5º. Desde Gaia sinalan que “o xogo constará de dúas ruletas coas letras do abecedario, lerán unha definición relacionada co medio ambiente e coa asignatura de coñecemento do medio e os/as alumnos/as terán que adiviñar de qué termo se trata”.