Cervo, 8 de maio de 2014- O Concello de Cervo traballa xa nos últimos preparativos do Torneo de Baloncesto de base que terá lugar este sábado na praza dos Campos de San Cibrao. Unha competición que reunirá a 13 equipos de baloncesto nas categorías de benxamín e alevín de Cervo, Xove, Burela, Viveiro e Ribadeo. Polo tanto, o torneo conseguirá mobilizar a uns 130 nenos que participarán nos enfrontamentos programados ao longo do día.
En canto aos detalles do torneo, tratarase de baloncesto 5×5, podendo disputarse ata 3 partidos ao mesmo tempo. O edil de Deportes, Luis Guillén, destaca “a importancia de potenciar o deporte de base con iniciativas coma esta, na que nenos de diferentes puntos da Mariña se xuntan, xogan e comparten experiencias”. O Concello decidiu convocar a competición na praza dos Campos ao tratarse dun lugar céntrico e accesible, “onde se concentra boa parte da vida social de San Ciprián e que constitúe o corazón da vila” explica Guillén.
Ao mesmo tempo, é posible celebralo en dita praza por ser un espazo “amplo e polivalente” e tendo en conta que “un torneo ao aire libre é moito máis atractivo” engade Guillén. Polo tanto, “sacamos o deporte de base á rúa aproveitando a chegada do bo tempo ao igual que vimos facendo con outras actividades como é o caso das Noites Alternativas”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
