Lugo, 19 de xuño de 2014.- A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada polo Tenente Alcalde do Concello de Riotorto, José García Freije, supervisou este xoves os traballos realizados na zona escolar do Concello de Riotorto. AS actuacións, financiadas o 100% pola Deputación con case 8.200 euros de presuposto, consistiron na colocación dunha varanda de 80 de lonxitude no acceso ó colexio, para salvar o desnivel que existía nesta rúa e evitar deste xeito posibles accidentes dos máis de 50 alumnos que utilizan este acceso. Os traballos que a organización provincial levou a cabo nas inmediacións do colexio foron solicitados formalmente polo Concello de Riotorto, despois de que pais, nais e alumnos lle trasladaran persoalmente ó Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, nunha visita do titular provincial ó Concello esta mellora.
Os traballos realizados na zona consistiron na instalación dunha varanda de 80 metros de lonxitude formada por piares metálicos de 80 centímetros de alto, que garantirá a seguridade na contorna do acceso ó colexio ó salvar un grande desnivel perigoso para alumnos, docentes e familiares, que se achegan diariamente a esta zona.
Outras actuacións
Con estas actuacións, a Deputación continúa a mellorar as dotacións públicas dos Concellos da provincia, especialmente na zona do rural, e máis concretamente nesta caso da comarca mariñana. De feito, o pasado mes de marzo, o organismo provincial acondicionou accesos a colexios de Lourenzá, Burela e Barreiros, Concellos nos que se executaron máis de 11 intervencións que contaron cun orzamento de 79.000 euros. Con estas actuacións a Deputación atende directamente ás demandas dos veciños, mellorando a súa calidade de vida ó investir en dotacións básicas ó tempo que lle aforra cartos ós Concellos. Estas actuacións activan tamén a economía local, fomentando a o emprego das empresas da zona.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



