Ribadeo, 19 de xuño de 2014. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso do seu vixésimo aniversario. Farao de xeito oficial este sábado, 21 de xuño, a partir do mediodía cunha xornada de confraternidade entre toda a comunidade educativa do centro na área recreativa de Santa Cruz. “Como vinte anos non se cumpren cada día, queremos facer do festival de fin de curso unha actividade que vaia máis aló do propio concerto”, sinala Hugo García, director da EMMeD de Ribadeo. Para elo programaron unha serie de actividades en Santa Cruz que comezan ao mediodía cun xantar campestre seguido dunha mostra de xogos tradicionais e máis o concerto que marcará o punto e final do curso 2013-2014, o ano no que a EMMeD cumpriu 20 anos.
Máis aló das actividades complementarias ao concerto, Hugo García salientou que o festival será “un ano máis unha caixa de sorpresa. Este ano decidimos romper coa idea dun festival temático, tal e como viñamos facendo até o de agora, porque cremos que a ocasión o merece e que os 20 anos da Escola había que celebralos con actuacións especiais, con presenza de xente que pasou polo centro durante estas dúas décadas, con colaboracións especiais…”.
“Será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concebido para que o disfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións…”, apunta Hugo García. “O único que nos falta agora é que o tempo nos bote unha man pois senón verémonos obrigados a trasladar as actividades ao auditorio”, comentou García Presno.
O director do centro valora de maneira “moi positiva” o curso 2013-2014 e considera que “é preciso seguir traballando tal e como o vimos facendo ata o de
agora para manter e aumentar o nivel formativo e máis a calidade das actividades que organizamos”. O centro mantivo o número de matrículas, con preto de 300 persoas inscritas, e máis o número de docentes, catorce.
A dirección da EMMeD de Ribadeo xa traballa na preparación do curso 2014-2015 no que non haberá grandes cambios. Antes de pechar o mes de xuño, a EMMeD de Ribadeo celebrará unha xornada de portas abertas na que o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena case práctica. Será os días 25 e 26 de xuño entre as 16:00 e as 20:00 na sede da propia Escola.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



