Lugo, 13 de xuño de 2014.- O Tren Ruta dos Faros, que realiza o percorrido entre Ferrol e Ribadeo, será o primeiro que se poña en marcha este mesmo sábado, 14 de xuño, dando así inicio á segunda edición de Galicia a todo tren, un programa que desenvolve a Xunta de Galicia en colaboración con Renfe.
Así o explicou este venres a delegada territorial, Raquel Arias, na presentación da programación na provincia, que introduce como principal novidade a incorporación da ruta pola Ribeira Sacra. Arias destacou a extraordinaria acollida que tivo este proxecto o ano pasado, cando se implantou como experiencia pioneira, razón pola que se amplía esta edición con cinco rutas máis, correspondentes ás denominacións de orixe vinícolas galegas.
O ano pasado puxéronse en funcionamento dúas rutas con 30 trens que realizaron itinerarios de media xornada e xornada completa. O balance final constatou o acerto deste proxecto porque máis de 600 viaxeiros percorreron os itinerarios acadando unha ocupación media do 72,5%. De feito, apuntou a delegada, foi preciso incrementar as datas que tiña inicialmente previstas o tren da Mariña para dar cabida ás demandas.
Este ano, a Ruta dos Faros parte con 20 viaxes programados, todas as fins de semana dende mañá mesmo e ata mediados de setembro. En concreto, realizará o traxecto Ferrol-Ribadeo todos os sábados entre o 14 de xuño e o 13 de setembro, e o inverso entre Ribadeo e Ferrol todos os domingos entre o 20 de xullo e o 24 de agosto.
Ofrécense visitas a distintos cabos e faros así como ao santuario de San Andrés de Teixido ou a praia das Catedrais,entre outros puntos de interese, para o cal se realizan pequenos tramos en autobús.
Polo que respecta ao Tren dos Viños da Ribeira Sacra, programáronse sete viaxes entre os días 5 de xullo e 27 de setembro. A ruta sairá da estación de ferrocarril de Ourense para dirixirse cara a Canabal, xa na provincia de Lugo, e inclúe visitas a unha adega e ao Centro de Interpretación do Viño de Monforte de Lemos así como un paseo en catamarán.
A delegada agradeceu a “intensa colaboración de Renfe” e puxo aos trens turísticos como exemplos de colaboración “para ofrecer un produto innovador e de calidade grazas á creación de sinerxías que combinan o aproveitamento turístico do territorio e a preservación do medio ambiente”.
Este ano haberá en total sete rutas en Galicia, con variadas temáticas: a Ruta dos faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e mais os cinco Trens Turísticos do Viño, que transcorrerán polos diferentes territorios das Denominacións de Orixe de Galicia –Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras-. En todas elas os viaxeiros estarán acompañados por guías especializados.
Ao tempo, como novidade, inclúense nesta tempada os packs de fin de semana, nos que se combinan as rutas en tren coa pernoctación dunha noite nun hotel de Galicia, así como paquetes combinados de fin de semana dende outras cidades de España.
A estas rutas turísticas temáticas cómpre engadir a posibilidade de descubrir Galicia co Galicia Rail Pass, o Train and Breakfast Camiño de Santiago, o luxoso Al Andalus Camiño de Santiago e mais o Transcantábrico. As rutas estarán en funcionamento dende mediados de xullo ata finais de setembro.
A información sobre os trens turísticos pode consultarse na web de Turismo de Galicia e mais na páxina de Renfe, a través das que se poden xestionar as reservas.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



