Ribadeo, 12 de xuño de 2014.- Entre os días 5 e 7 de xullo, A Mariña será referente do deporte náutico en España ao acoller a preto de corenta embarcacións que iniciarán dende aquí a ruta Atlántica da I Travesía Náutica Xacobea, enmarcada dentro dos actos cos que a Xunta de Galicia conmemora o VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.
Así o sinalou este xoves a delegada territorial, Raquel Arias, durante a presentación do evento, destacando a “extraordinaria resposta” que tivo a proposta de Turismo de Galicia tanto no ámbito nacional como internacional, dado que do porto de Ribadeo zarparán barcos de Irlanda, Francia, Inglaterra ou Bélxica, entre outros.
A Travesía Náutica Xacobea contempla dúas propostas, unha ruta Mediterránea (ou ruta Sur), que comeza este mesmo sábado no porto de Xénova, e una ruta Atlántica (ruta Norte), que parte de Ribadeo o 5 de xullo e inicia a segunda etapa en Viveiro.
A ruta mediterránea percorrerá 1.542 millas en 14 etapas ao longo de case un mes de navegación. A ruta Atlántica percorrerá cerca de 210 millas náuticas en seis etapas: Ribadeo, Viveiro, Ares, Camariñas, Portosín, Ribeira e Cabo da Cruz. Será neste último porto cando, o día 11 de xullo, a iso das dúas da tarde se xunten os barcos da ruta Atlántica procedentes de Ribeira e os que chegan da ruta Mediterránea dende Portonovo.
Arias lembrou que “a calidade determinou a selección das estacións náuticas para acoller as embarcacións da peregrinación”, aproveitando para destacar que o RCN de Ribadeo ten o recoñecemento da Q de calidade e no porto deportivo de Viveiro lucirá de novo a bandeira azul.
Segundo explicou, está confirmada neste momento a participación de 48 embarcacións en ambas rutas, 35 delas na ruta Norte, e de arredor de 200 participantes. “Este evento –afirmou- atraerá a centos de persoas á Mariña, entre navegantes e público, e non me cabe dúbida de que repercutirá moi positivamente na promoción turística da zona, que é o obxectivo principal que persegue Turismo de Galicia”.
A delegada indicou que a Dirección Xeral de Xuventude participa na iniciativa a través das actividades da Campaña de Verán para a mocidade galega. Así unha das goletas que completará o percorrido atlántico será a Goleta Nieves, na que a Xunta ofreceu 25 prazas a mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos; “tripulantes” aos que neste caso non se lles esixe coñecementos náuticos e que, ao tempo que disfrutan da navegación, aprenderán algunhas das tarefas que se levan a cabo nunha embarcación de vela de gran eslora. A falta aínda de case un mes para que comece a travesía, só quedan catro prazas vacantes.
Turismo de Galicia organizou a travesía en colaboración con ASNAUGA –a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia- co obxecto de rememorar a Traslatio do corpo do Apóstolo Santiago ata Galicia por mar, así como a propia peregrinación do santo de Asís, configurando unha viaxe única en Europa polas súas características.
“Os amantes da náutica comprenderon que esta travesía é unha oportunidade única de participar nunha iniciativa singular, que une os atractivos do mar cos da peregrinación xacobea -apuntou Arias-, ata o punto de que as solicitudes de participación desbordaron as previsións iniciais”.
Na presentación, participaron tamén Javier Ruiz de Cortázar, presidente de ASNAUGA, Ramón Acuña, presidente do Club Náutico de Ribadeo, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, como presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



