Lugo, 26 de xuño de 2014.- O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ó equipo de Goberno da UNED e ós directores dos centros asociados de España e o estranxeiro, que celebran entre hoxe e mañá a súa reunión anual, a primeira que organizan na capital lucense. Gómez Besteiro destacou durante o acto, no que participou o Alcalde lucense, José López Orozco, que o organismo provincial “está a punto de completar o reto” que se marcou de dotar a Lugo dunha sede moderna, “que estará á altura da experiencia e a calidade da ampla oferta académica que esta Universidade ofrece ano tras ano, ademais de converterse no centro de referencia no noroeste de España”.
O Presidente lembrou que con este novo centro, a Deputación salda unha débeda coa UNED e coa súa comunidade educativa. “Despois dun investimento de máis de un millón de euros e despois de superar numerosas trabas coas que algunhas administracións quixeron castigar ós lucenses, estamos chegando ó final dun camiño que iniciamos hai 7 anos, cando chegamos ó Goberno da Deputación e nos marcamos como un dos nosos obxectivos, compartidos co Alcalde, que Lugo deixase de ser a única provincia española sen sede para a UNED”, explicou Besteiro.
As novas instalacións, financiadas en solitario polo organismo provincial, suporán un aforro de máis de 100.000 anuais á Universidade a Distancia polo aluguer da actual sede. O centro estará dotado de 16 aulas laboratorio; conexión a Internet de 10 megas; biblioteca de acceso público; ou salón de actos, que será o novo buque insignia da UNED.
O Presidente subliñou así mesmo o “intenso compromiso que esta Deputación ten coa Educación Universitaria, un dos piares fundamentais das sociedades modernas e desenvolvidas, instrumento clave para o progreso persoal, social e económico”. Besteiro fixo un expreso recoñecemento ó labor que fai a UNED na provincia, tanto en Lugo, como en Viveiro, Foz e Monforte.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



