Lugo, 14 de xuño de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 33 escolares de toda a provincia no certame de debuxo e redacción convocado con motivo do Día das Letras Galegas.
A esta fase final chegaron 124 debuxos e 99 redaccións que previamente resultaran gañadores nas respectivas fases locais desenvolvidas en máis dunha vintena de concellos. Ao respecto, cabe lembrar que este concurso está organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo en coordinación con outras 22 bibliotecas públicas da provincia.
A entrega de premios desenvolverase o vindeiro xoves 19 de xuño ás 18.00 horas na Biblioteca Nodal de Lugo. Os galardoados recibirán cadansúa estatuíña de Sargadelos, diploma e lote de publicacións. Os accésits están dotados con cadanseu diploma e lote de publicacións.
Os escolares premiados na especialidade de debuxo nas diferentes categorías foron os seguintes:
Categoría A (ata 8 anos)
Isara Longarela. 8 anos. Biblioteca de Outeiro de Rei
Nausica Bernardi Ares. 8 anos. Biblioteca de Burela
Elena Páez Burgo. 7 anos. Biblioteca Nodal de Lugo
Accésits:
Helen Aragón Mejía. 7 anos. Biblioteca de Foz
Gabriela Pedre Lastra. 8 anos. Biblioteca de Alfoz
Crinu Calin Cioaca. 7 anos. Biblioteca de Foz
Categoría B (de 9 a 11 anos)
Claudia Pérez Portomeñe. 9 anos. Biblioteca Provincial
Lucía López Mosquera. 11 anos. Biblioteca de Sober
Andrés López Díaz. 10 anos. Biblioteca de Barreiros
Accésits:
Lucía Dovale Posada. 10 anos. Biblioteca de Foz
Marta Montes Coego. 11 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Categoría C (12 a 16 anos)
Susana Varela Negro. 14 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Pablo Vivero Fernández. 12 anos. Biblioteca de Ribadeo
Mónica Díaz Fraga. 12 anos. Biblioteca Nodal
Accésits:
Paula Barreiro Rodríguez. 12 anos. Biblioteca Nodal
Lana Vázquez Pedreda. 16 anos. Biblioteca de Monforte
Aitor Álvarez Bouza. 12 anos. Biblioteca de Barreiros
Emma Pintor Valledor. 15 anos. Biblioteca de Ribadeo
Polo que respecta aos premios de narración, acordáronse os seguintes premios:
Categoría A (ata 8 anos)
Lucía Cancelos Rebolo. 8 anos. Biblioteca de Burela
Álvaro Buitrón Amaro. 7 anos. Biblioteca de Monforte de Lemos
Cristina Chen Meijide Méndez. 7 anos. Biblioteca de Foz
Accésits:
David Martínez Janeiro. 7 anos. Biblioteca de Ribadeo
Xavi Román Iriarte Álvarez. 8 anos. Biblioteca de Ribadeo
Categoría B (de 9 a 11 anos)
Carla Gómez Lestegás. 10 anos. Biblioteca de Burela
Andrea González Luaces. 11 anos. Biblioteca Nodal
Lucía Álvarez Domínguez. 11 anos. Biblioteca de Quiroga
Accésits:
Antía Lillo Irimia. 10 anos. Biblioteca de Lourenzá
Héctor Fernández Otero. 9 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Categoría C (12 a 16 anos)
Antía Enríquez Martínez. 15 anos. Biblioteca de Ribadeo
Sabela Jorge Vidal. 16 anos. Biblioteca de Sober
Alba García García. 12 anos. Biblioteca de Alfoz
Accésits:
Javier Álvarez Méndez. 12 anos. Biblioteca de Lourenzá
Marina I. Riesco Amurrio. 16 anos. Biblioteca Nodal
O tema do certame era o de Cociñando contos. O xurado da fase provincial estivo presidido polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Jesús Ramos Ledo, e integrado polos vogais Yolanda Gómez González, xefa do servizo de Coordinación da Área Cultural; Marisol González Regal, directora da Biblioteca Nodal de Lugo; Jaime Santoalla Varela, inspector xefe de Educación, e Manuel Gulín Rodríguez, pintor. Actuou como secretario o xornalista Xulio Giz Ramil.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



