CADERNOS DA VIAXE. As pasadas eleccións europeas, a reivindicación catalá do dereito a decidir (que semella podería continuar Euskadi) e máis a abdicación do Xefe do Estado amosan graves fendas nos tres alicerces do sistema institucional en crise: a Coroa, o bipartidismo dinástico e máis un determinado concepto da unidade de España que non recoñece a súa plurinacionalidade. Se a iso lle engadimos a desafección cidadá xerada pola corrupción enxergaremos a fondísima crise institucional que estamos a vivir.
Neste contexto, semella obrigado un proceso de mutación constitucional ou, polo menos, de fonda reforma da Carta Magna, para sentar os alicerces dunha anovada convivencia política e social. E, para estes efectos, a cuestión non é República española vs Monarquía ou República española vs. República galega, senón o dereito a decidir da cidadanía. Lembremos que só os maiores de 54 anos foron quén a votar unha Constitución na que a Coroa e a indisolúbel unidade da nación española foron o prezo para transacionar o recoñecemento das liberdades, o pluripartidismo e unha limitada descentralización política.
Velaí que a cidadanía teña que decidir non só sobre a cuestión da forma de Estado (monarquía vs república), senón sobre os demáis alicerces desta revisión ou remuda constituínte: a modernización das nosas institucións políticas e administrativas, a blindaxe do Estado do Benestar, a profundización do noso réxime de liberdades e a autonomía real do Poder Xudicial. E, concretamente, a cidadanía galega haxa decidir tamén sobre a ampliación do autogoberno, o grao de relación de Galicia co resto das nacións españolas e máis o seu encaixe, federal ou confederal, no Estado, preservando sempre o dereito a decidir da cidadanía galega.
Canto ás solucións xurídicas concretas, certo é que esta reforma constitucional aprobaríase nun referendo, mais cumpriría artellar outras consultas previas para definir a vontade da cidadanía sobre estas grandes decisións constitucionais. Algunhas serían privativas de cada nacionalidade histórica e outras do conxunto da cidadanía do Estado.
A peor das solucións, de certo, sería teimar no inmobilismo amosado até de agora polo PP e PSOE.
Xoán ANtón Pérez-Lema




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



