Coincidindo coas celebracións do Día mundial do medioambiente, o alumnado de 1º de Bach. recibiu a visita do especialista e técnico de Espina y Delfín, Juan Moreno, para falarlles da auga. A profesora Charo Fernández, como medio de chamar a atención sobre a importancia da agua e da xestión sostible dos recursos da auga, organizou esta charla para sensibilizar aos seus alumnos de Ciencia para o Mundo Contemporáneo sobre un uso sostible deste ben tan preciado e imprescindible para a vida. Juan Moreno explicoulles con datos contundentes o consumo moitas veces excesivo, os tratamentos para potabilizar ou para depurar, os impactos dunha simple fuga de auga co obxetivo de promover en eles unha boa práctica da súa utilización no día a día. O aproveitamento da auga empeza pola participación de todos nós.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



