Cada xogador da Selección española levarase 720.000 euros no caso de que gañen a Copa do Mundo que se xoga en Brasil a partir do próximo día 12, un 20% que os 600.000 euros que gañaron fai catro anos no Mundial de Sudáfrica.
Estas obscenas cantidades son moito maiores que as comparamos con as dos xogadores doutras seleccións, como Francia, Alemania ou Brasil, que roldan os 300.000 euros. A remuneración por ser finalista será de 360.000 euros, 180.000 por chegar ata as semifinais, por 90.000 euros os cuartos e 60.000 si pasan a fase de grupos.
Marx opinaba que “A relixión e o opio do pobo” pero non foi capaz de profecitar que o fútbol gañaríalle por goleada.
Falar de política en tempos de confrontación, ademais de incómodo, pode levarnos a crear preocupantes tensións nos ámbitos familiares, laborais ou sociais. A radicalización en épocas de crises é ineludible. Todo curandeiro ou santón di posuír a fórmula máxica que alivia o sufrimento, logo, nós os do montón, creemos o que nos parece xeneralmente sen analizar a conveniencia ou viabilidad senón por pura química: A min, cáeme mellor.
Para evitar disputas o camiño, do inamovible, do que nos estimula as endorfinas da felicidade perante algúns bos intres, e despois: “O que pasa no campo, quédase no campo”, ou os meus pecados no confesionario, e a casiña tan contentos e liberados de molestas tensións. Terapia de descarga en estado puro.
No mesmo esquema anterior os futboleros pasan de que os seusequipos teñan sistemático costume de defraudar a Facenda (que somos todos), á Seguridade Social (que está en creba técnica) e do manexo tan ilícito como consentido de diñeiro de tantas cores, como as tarxetas que sacan os árbitros.
Dende logo este pais non ten amaño, nin con crisé nin sin ela.
Otero Regal.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



