Ribadeo 10 de xuño de 2014.- O presidente local do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, agradeceu as axudas outorgadas pola administración autonómica e publicadas hoxe no boletín oficial de Galicia e remarcou o importante labor que desenvolven as asociacións de profesionais no fortalecemento dun sector clave na economía local como é o caso do pequeno comercio.
O popular salientou que o Goberno galego vén de conceder axudas por preto de 50.000 ás asociacións de comerciantes de Ribadeo e da súa praza de abastos para a posta en marcha de distintas accións de dinamización da demanda comercial e iniciativas encamiñadas á promoción das vendas.
“Concretamente, outorgáronselle subvencións á ACISA por un total de 40.000 euros é á Asociación de Profesionais Vendedores da Praza de Abastos de Ribadeo por importe de 9.800 euros dirixida á modernización, dinamización e rexeneración das súas intalacións de venda”- manifestou Jesús López Penabad quen engadíu que a través destas axudas concédense apoios que poden supoñer un 70% do investimento a realizar.
Neste senso, salientou que este programa que vén de resolver a Consellería de Economía e Industria forma parte dunha estratexia máis ampla de impulso do asociacionismo comercial e con él búscase o apoio de diferentes actuacións coas que se pretende mellorar o servizo e atraer nova clientela
Afirmou o popular, que como novidade, este ano primouse o autofinanciamento das asociacións, a través da captación de socios, e tamén se valoran de xeito especial as actuacións que beneficien ás familias numerosas, entre outros criterios de valoración. As axudas tamén pretenden ser un revulsivo para a mellora competitiva do comercio de proximidade, apostando pola súa modernización e calidade, apoiando a renovación das infraestruturas comerciais tales como as prazas de abastos.
López Penabad adiantou que o Goberno galego ten en marcha tamén outros apoios para os profesionais do comercio como son as liñas de axuda para o fomento fomento da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación ou o apoio aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais, dentro dos cales se levan activado ao longo deste ano programas de axudas por un total de máis de 8,5 millóns de euros no conxunto da comunidade.



















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



