Foz, a 20 de xuño de 2014.- O BNG de Foz presentou unha moción na que insta ao Alcalde e ao Grupo de Goberno a que proceda a rexistrar no seu Inventario de Bens todos os camiños de natureza pública e que estes aparezan reflectidos no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) en tramitación así como actuar urxentemente naqueles casos en que haxa posibles ou previsibles apropiacións indebidas de camiños ou sendeiros considerados públicos ou que poidan ter dito carácter de uso e titularidade pública.
Para o BNG, asistimos desde hai tempo a un malestar xeneralizado entre os veciños e as veciñas do noso Concello pola conflitividade que presenta o uso de espazos de dominio público, fundamentalmente referidos aos camiños públicos. A maioría destas queixas refírense á invasión de camiños públicos producida por construcións privadas, fundamentalmente naquelas zonas do noso Concello de máis presión urbanística ou onde desenvolvemento da construción é mais desordenada así como pola realización de muros ou peches que non retranquean a distancia esixida do eixo do camiño, perturbando o seu uso público. Nalgúns casos estes sucesos foron motivo de denuncias e procedementos xudiciais.
Para o Bloque Nacionalista Galego, coa revisión e actualización do inventario dos camiños públicos, trátase de pór en marcha os mecanismos necesarios para evitar nun futuro situacións que hoxe xa son irreversibles e que coa vontade política suficiente se puideron ter evitado, porque á marxe das dificultades da determinación da natureza pública ou privada dos camiños, a responsabilidade da situación creada en Foz é consecuencia do incumprimento por parte do Concello da obrigación legal de inventariar todos os bens que lles pertenzan, tanto públicos como patrimoniais. Debido a esta desidia e irresponsabilidade casualmente vai a este mesmo pleno a iniciación dun expediente de investigación sobre a titularidade municipal dun camiño na parroquia de Cangas, que foi incoado por uns particulares que están a facer o labor que debería ter feito o Concello e o Goberno Municipal e que non fixo e ter que poñer ata fianza para defender un máis que probable ben público.
Así, o Artigo 278 da Lei da Administración Local de Galiza establece que: “As entidades locais están obrigadas a formar inventario valorado de todos os bens ou dereitos que lle pertenzan, así tamén como dos bens pertencentes aos organismos autónomos que dependan delas.(…)”. No mesmo sentido o Artigo 86 do Texto Refundido de Réxime Local sinala que: “As entidades locais están obrigadas a formar inventario valorado de todos os bens ou dereitos que lle pertenzan, do que se remitirá copia ás Administracións do Estado e da Comunidade Autónoma e que se rectificará anualmente, comprobándose sempre que se renove a Corporación”. Sobre esta cuestión vaise abondar nos artigos 17 e seguintes do Regulamento de Bens das Entidades Locais, facendo particular referencia as vías públicas no seu Art.20 g) no que se recolle: ”Tratándose de vías públicas, no inventario deberán constar os dados necesarios para súa individualización, con especial referencia aos seus límites, lonxitude e anchura”.
Neste sentido, o BNG xa presentara unha moción que foi aprobada por unanimidade en sesión plenaria do 26 de decembro de 2006. Daquela aprobación, como en moitas outras ocasións, non saíu nada positivo porque quen debería aplicar a súa execución -os distintos gobernos municipais que mandaron no noso concello- non fixeron practicamente nada ou case nada ao respecto. Como consecuencia desa falta de actuación atopámonos case oito anos despois cos mesmos problemas de titularidade e de inseguridade xurídica que daquela sen estar -como a lei indica- todos os camiños públicos inventariados, situación que o BNG quere cambiar e clarificar.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



