Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos denunciar unha práctica que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela leva a cabo con todos os veciños e veciñas de Burela no cobro correspondente ó Imposto de Bens Inmobles (IBI).
Despois de que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela anunciara a posibilidade de fraccionamento do IBI para os veciños e veciñas que así o solicitaran (como xa se viña facendo no goberno do Sr. Alfredo Llano), atopámonos coa sorpresa de que aplican este criterio para todos os veciños e veciñas en xeral, solicitaran ese fraccionamento ou non. O único fin que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular é a de enmascarar a subida do 10% que lle volven a aplicar a este imposto, que dende o PSdeG-PSOE de Burela xa levamos criticado noutras ocasións.
Esta maneira de actuar é digna do máis afamado “trilero”, e o único que se busca con esta manobra é a de enganar os veciños e veciñas de Burela. Este equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela engana e esconde as súas subidas de impostos ós veciños e veciñas de Burela da maneira máis desprezable e ridícula que se poida imaxinar, este equipo de “desgoberno” ten ós veciños e veciñas de Burela por parvos.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela pedímoslle ó equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela que lle explique os veciños e veciñas de Burela esta nova subida do 10% do IBI, e que non trate de enganalos. Cabe recordar que ese equipo de “desgoberno” leva subindo impostos dun xeito desproporcionado dende a súa chegada ó Concello e calquera que se queira parar a revisar os recibos poderán comprobar unha subida de ó redor do 40% dende que o Partido Popular se fixo coa alcaldía do Concello de Burela, ademais de subir absolutamente todos os impostos e taxas, chegando incluso a crear impostos novos.
Tamén lles recomendamos que revisen os recibos da auga que pagan e que van a pasar a pagar a partir do próximo recibo xa que tamén se levarán unha sorpresa en forma de nova subida.
Está máis que claro que este equipo de “desgoberno” vive fora da realidade que están a vivir os veciños e veciñas que están afogados e que non ven que se faga nada dende o Concello para aliviar a súa situación.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



