Con motivo do décimo aniversario da asociación Pasada das Cabras de Burela, o colectivo ten prevista diversas actividades para celebrar a última fin de semana de xuño entre o venres 27 e o sábado 28.
Para a celebración destes 10 anos, a asociación quixo realizar un esforzo especial, que se centrou na elaboración dun vídeo conmemorativo e na preparación dunha xornada de sendeirismo con comida gratis para todos os que participen na ruta. Para iso, constituíronse dous grupos de traballo, que puxeron toda a súa ilusión e o seu traballo para lograr que esta celebración sexa do agrado de todos os socios.
A celebración do décimo aniversario comeza o venres 27, ás 20.45 horas, coa proxección na Casa da Cultura de Burela do vídeo conmemorativo destes dez anos de sendeirismo. O vídeo elaboruse a partir das miles de fotografías que conforman o archivo da asociación, e no mesmo tamén se incluíron entrevistas e testemuñas de todo tipo, dende os socios máis novos ós máis expertos, de amigos que nos quixeron felicitar, historias de superación persoal, e incluso enquisas, micrófono en man, realizadas nas rúas de Burela. “A idea é que todos os que ó longo destes 10 anos se acheguen á asociación se sintan identificados co que van ver”. Ó finalizar a proxección farase entrega dunha copia do vídeo a cada socio, grazas ó patrocinio da Deputación de Lugo.
E o sábado 28 celebrarase o Día do Socio, para o que este ano se elexiu una ruta diferente da tradicional, que se inicia na Serra do Buio para acabar no monte Castelo. Son 8 quilómetros de dificultade baixa. A saída realizarase ás 10.00 horas dende a explanada do porto, de onde partirán en autobús ata o punto de inicio.
A xornada completarase cunha comida para todos os participantes na que o prato forte é unha paella xigante e, por suposto, música e queimada.
Para asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe antes das 13.00 horas do xoves 26.
Con esta celebración a asociación pretende homenaxear a todos os socios que coa súa participación nas actividades que se foron programando fixeron posible chegar a estes 10 anos, que a converten nunha das asociacións de sendeirismo máis veteranas da Mariña.