Lourenzá, 16 de xuño de 2014. A sección de atletismo das Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo participou no campionato galego de clubs celebrado o pasado sábado, día 14, nas pistas universitarias de Santiago de Compostela e acadou a terceira posición na categoría alevín masculino.
Dende as Escolas Deportivas explicaron que “ata a capital galega desprazáronse catro equipos: benxamín feminino e masculino, alevín feminino e masculino. O campionato celebrouse nunha mañá soleada e cunhas temperaturas moi altas nas horas centrais do día, o que dificultou en certa medida as probas de media e longa distancia. Pese a isto todo os nenos participaron a un gran nivel e obtiveron uns grandes resultados competindo contra outros 16 clubs chegados de toda Galicia. Nesta ocasión o equipo que subiu ó podio foi o alevín masculino, que acadou a 3ª posición. Os benxamíns femininos quedaron en 9ª posición de 14 equipos; benxamín masculino, 6ª posición de 11 equipos; e alevín feminino, 5ª posición de 17 equipos”.
Os atletas participantes foron os seguintes:
Benxamín feminino
Diana Lastra Rivas. Participou en 50 metros lisos acadando a 5ª posición na súa serie e a 6ª na xeral, cun tempo de 9,05 segundos. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos.
Valeria Álvarez Fojo. Participou en 500 metros lisos acadando a 6ª posición cun tempo de 1,55 minutos. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos.
Carmen García Vázquez. Participou en 1.000 metros lisos, acadando a 10ª posición cun tempo de 4,15 minutos. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos.
Jimena Otero Palacios. Participou en lanzamento de peso, acadando a 7ª posición cun lanzamento máximo de 3,88 metros.
Antía Iglesias Terrón. Participou en 1.000 metros marcha, acadando a 10ª posición.
Aldara Fernández García. Participou en salto de lonxitude, acadando a 9ª posición cun salto máximo de 2,43 metros. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos.
O equipo benxamín feminino acadou a 4ª posición na súa serie e 9ª na xeral na proba de 4 x 50 metros lisos relevos cun tempo de 37,55 segundos.
Benxamín masculino
Adrián Rodríguez Pérez. Participou en 50 metros lisos, acadando a 1ª posición da súa serie e 2ª da xeral, cun tempo de 8,60 segundos Tamén participou en 4 x 50 m. relevos.
Manuel Rodríguez García. Participou en 500 metros lisos, acadando a 8ª posición cun tempo de 1,50 minutos. Tamén participou en 4 x 50 m. relevos.
Brais Díaz Salas. Participou en 1.000 metros lisos, acadando a 9ª posición cun tempo de 4,03 minutos.
Fernando Vallines Fernández. Participou en lanzamento de peso, acadando a 3ª posición cun lanzamento máximo de 6,25 metros. Tamén participou en 4 x 50 metros relevos.
David Martínez Janeiro. Participou en salto de lonxitude, acadando a 5ª posición cun salto máximo de 2,91 metros. Tamén participou en 4 x 50 m. relevos.
O equipo benxamín masculino acadou a 3ª posición tanto da súa serie como da xeral na proba de 4 x 50 metros lisos relevos, cun tempo de 34,44 segundos.
Alevín feminino
Ainara Rodríguez Ares. Participou en 60 metros lisos, acadando a 1ª posición da súa serie e 2ª da xeral cun tempo de 9,34 segundos. Tamén participou en 500 metros lisos acadando a 1ª posición cun tempo de 1,31 minutos.
Ana Vallines Fernández. Participou en 1.000 metros lisos, acadando a 6ª posición cun tempo de 3,53 minutos. Tamén participou en salto de altura, acadando a 6ª posición cun mellor salto de 1,19 metros.
Mencía Martínez-Sierra Franganillo. Participou en lanzamento de peso, acadando a 4ª posición cun lanzamento máximo de 7,52 metros.
Hiba Bouyzar. Participou en 2.000 metros marcha, acadando a 11ª posición. Tamén participou en 4 x 60 metros relevos.
Ainhoa López Iglesias. Participou en salto de lonxitude, acadando a 5ª posición cun mellor salto de 3,41 metros. Tamén participou en 4 x 60 metros relevos.
Aroa Sordo Álvarez. Participou en relevos 4 x 60 metros lisos.
Carme Alonso Mourelle. Participou en relevos 4 x 60 metros lisos.
O equipo alevín feminino acadou a 3ª posición da súa serie, 13ª da xeral, na proba de 4 x 60 metros lisos relevos, cun tempo de 41,03 segundos.
Alevín masculino
Aleix Díaz Salas. Participou na proba de 60 metros lisos, acadando a 1ª posición, tanto da súa serie como da xeral, cun tempo de 9,18 segundos. Tamén participou en relevos 4 x 60 metros lisos.
Alexandre Santiago López. Participou na proba de 500 m. lisos, acadando a 2ª posición cun tempo de 1,30 segendos. Tamén participou en salto de altura, acadando a 2ª posición cun salto máximo de 1,19 metros.
Hugo Villalba León. Participou na proba de 1.000 metros lisos, acadando a 6ª posición cun tempo de 3,36 minutos. Tamén participou en relevos 4 x 60 metros lisos.
Samuel Debasa López. Participou na proba de lanzamento de peso, acadando a 10ª posición cun mellor lanzamento de 4,76 metros. Tamén participou en relevos 4 x 60 metros lisos.
Imad Itrih. Participou na proba de 2.000 metros marcha, acadando a 6ª posición.
Nicolás Álvarez Fojo. Participou na proba de salto de lonxitude, acadando a 7ª posición cun mellor salto de 3,47 metros. Tamén participou en relevos 4 x 60 metros lisos.
O equipo alevín masculino acadou a 4ª posición na súa serie, 5ª da xeral, na proba de 4 x 60 metros lisos relevos, cun tempo de 39,82 segundos.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
