A Deputación de Lugo decidiu aumentar en 10 millóns de euros o investimento en cooperación cos Concellos, benestar social e emprego, un reforzo que non estaba previsto nos orzamentos de 2014, pero resulta “obrigado” ante a constante redución das achegas ás entidades locais por parte das administracións central e autonómica, que provocan a súa “asfixia económica” e unha merma na prestación de servizos “inaudita na democracia”, subliñou o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro. Deste xeito, o incremento dos recursos económicos que impulsa a Deputación servirá para garantir a prestación de servizos ós veciños nos niveis de calidade e cantidade que veñen percibindo, e combater a “terrible” situación actual de desemprego, ademais de favorecer a dinamización da actividade económica e recuperar poboación, explicou Besteiro.
Estes novos investimentos fináncianse con cargo a remanentes de tesourería de anos anteriores, froito da “xestión eficaz e responsable” desenvolvida polo Goberno provincial dende o 2007. A decisión, que o Goberno provincial someterá á aprobación do Pleno na sesión ordinaria de mañá martes, demostra que “somos capaces de reducir a débeda mantendo ó mesmo tempo, e mesmo subindo, os investimentos”, destacou o Presidente, que lembrou o obxectivo da Deputación de acadar o endebedamento cero no 2016.
Dos 10 millóns de euros de aforros que se incorporarán ó Orzamento do 2014, o groso, máis de 8 millóns, destínanse directamente a potenciar a colaboración cos Concellos e con entidades sen ánimo de lucro –a través de transferencias correntes e de capital- en materia de infraestruturas e servizos, benestar social, educación, igualdade, turismo e deporte. Engádese 1,1 millóns de euros para a mellora e conservación de estradas provinciais e municipais. Os 900.000 euros restantes dedícanse a diversas actuacións en materia de medio ambiente e infraestruturas.
As cantidades repártense da seguinte maneira:
– Reparación, mantemento e conservación de estradas, tanto de titularidade provincial, como municipal: 1,1 millóns de euros.
– Cooperación cos Concellos para a mellora e dotación de servizos e infraestruturas municipais que revertan na mellora da calidade de vida dos veciños e na dinamización da actividade económica dos municipios: 3,5 millóns de euros.
– Colaboración con entidades sen ánimo de lucro para que o tecido asociativo da provincia poida manter a súa capacidade de actuación e actividades: 880.000 euros.
– Actuacións de protección e mellora do medio ambiente: 365.000 euros.
– Cooperación cos Concellos e entidades sen ánimo de lucro en materia de benestar social e igualdade: 210.000 euros.
– Apoio á educación, principalmente ás ensinanzas universitarias: 579.000 euros
– Cooperación cos Concellos e entidades sen ánimo de lucro en cultura: 531.559 euros.
– Museo Provincial: 40.000 euros.
– Cooperación cos Concellos e entidades sen ánimo de lucro no fomento do deporte: 2,2 millóns de euros.
– Accións para dinamizar o turismo, tendo en conta que este sector representa o 13% do PIB da provincia de Lugo: 285.607 euros.
– Actuacións en saneamento e abastecemento: 50.000 euros.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



