O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este mércores o novo servizo de asesoramento gratuíto cidadá para aforrar na factura da luz, que pon en marcha o organismo provincial de xeito inmediato, converténdose na 1ª Deputación en Galicia con esta prestación. Gómez Besteiro subliñou que “ofrecemos este novo servizo ante as continuas subas na luz do Goberno Central, a situación de desinformación na que se atopan os cidadáns, así como debido ós abusos que sofren por parte das eléctricas. Hai que ter en conta que a factura eléctrica en España incrementouse nun 63% nos últimos anos. España xa é o 3º país da Unión Europea coa luz máis cara. Galicia é a Comunidade española cos prezos máis caros do combustible. Levamos máis de 1 ano, esperando a que Feijóo poña en marcha políticas contras os monopolios”.
O gasto medio na luz por domicilio ascende xa ós 775 euros ó ano. Tendo en conta que en Lugo hai preto de 136.000 vivendas, segundo datos do INE e excluíndo as segundas vivendas, os lucenses pagan ó ano máis de 100 millóns de euros pola luz. “Este gasto é maior, posto que debemos engadir os custes da luz nos Concellos, onde a media, nun municipio de menos de 5.000 habitantes, é doutros 200.000 euros anuais”, destacou.
Prestacións
“Ante esta situación, que fai imprescindible o aforre de gastos na luz, e conscientes de que a información é a mellor defensa para os consumidores”, o titular provincial apuntou as prestacións que, de xeito individualizado e gratis, ofrece a Deputación:
1.- Información sobre o mercado eléctrico, as principais variables do sector ou as particularidades do consumo cidadán.
2.- Análise da factura eléctrica con fin de detectar posible erros ou defectos, colaborando, no caso da súa existencia, na tramitación de avisos, queixas ou suxerencias.
3.- Asesoramento sobre as posibles medidas para reducir custes e optimizar o subministro, tendo en conta os hábitos de consumo. Por exemplo, con novos tipos de tarifas, cambiando a potencia eléctrica contratada ou implantando mecanismos de baixo consumo.
4.- Tramitación de bonos sociais, que poden solicitar persoas coas rendas máis baixas, para acadar un desconto de ata o 25% na luz.
5.- Seguimento personalizado de todas as consultas realizadas. A intención é coñecer o funcionamento das medidas asesoradas de cara ó éxito deste servizo
Funcionamento do servizo
Tres técnicos da Axencia Provincial da Enerxía, que está no 2º andar da Deputación, atenderán todas as consultas, de xeito presencial, ou ben a través de teléfono ou correo electrónico. Para unha mellora atención individualizada, é necesario pedir cita previa. Pódese facer no 982 26-01-13 ou en asesoria.facturacion@deputacionlugo.org. Nestes mesmos canais, tamén se atenderán as consultas. O horario de atención é de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Aforro de custes ós Concellos
A Deputación ofrece este servizo de asesoramento gratuíto para o aforre de custes eléctricos ós cidadáns tras poñer en marcha outras programacións, dirixidas a todos os Concellos da provincia:
– 37 municipios lugueses decidiron sumarse, de xeito voluntario, ó Plan Enerxético da Deputación, aforrándolles un total de 2 millóns de euros, ó asumir todos os custes, a diferenza do plan de Xunta, que obriga ás entidades locais a pagar o 30% dos gastos. O organismo provincial fíxose cargo dos custes das auditorías enerxéticas, que fixeron técnicos da Axencia Provincial da Enerxía, así como dos gastos da adquisición e instalación dos novos compoñentes enerxéticos para reducir a factura enerxética.
– 43 Concellos lugueses sumáronse, de xeito voluntario, ó Plan de análise da facturación eléctrica, co que os municipios poderán reducir estes custes ata nun 20% ó ano. Técnicos da Axencia da Enerxía están, actualmente, a facer unha rigorosa análise da facturación eléctrica dos Concellos para, posteriormente, facer propostas de optimización da contratación para reducir custes. As entidades locais benefícianse dunha medida que a propia Deputación xa implantou nas súas instalacións, e coa que acadou un aforro anual de preto de 123.000 euros, o que supuxo un 25% menos de gasto na facturación eléctrica.
– Creación da Guía de Boas Prácticas para a Compra Verde, que a institución luguesa puxo a disposición dos Concellos, empresas e cidadáns en xeral. Esta guía verde, que se atopa publicada na páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal) para consulta de todos os interesados, pódese adquirir gratis no Pazo de San Marcos. Esta iniciativa busca fomentar a contratación de bens e servizos respectuosos co medio ambiente para minimizar o impacto ambiental, reducir o consumo enerxético e aforrar gastos correntes.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



