Ribadeo, 30 de xullo de 2014. Cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención dos partidos da oposición quedou aprobado inicialmente o orzamento municipal de 2014 que ascende a 8,5 millóns de euros, un 5% máis que o ano pasado. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que non se incrementan as taxas nin os impostos para os veciñ@s de Ribadeo, que o aforro neto segue a ser positivo e que a investimentos destínanse 1.017.000 euros.
“Os aspectos máis relevantes deste pleno ordinario, sen dúbida, foron a aprobación do orzamento, do presuposto municipal para o vixente ano 2014, que se ven acumula un certo retraso isto foi motivado pola negociación colectiva co persoal e á hora de fixar o novo convenio colectivo, algo que aínda se está negociando a día de hoxe. En todo caso, este orzamento municipal para 2014 establécese nuns 8.500.000 de euros, sube un cinco e pico por cento máis con respecto ao de 2013”. Suárez Barcia dixo que “hai que ter en conta que non se soben os impostos para este estado de ingresos, senón que hai novas incorporacións de novas unidades de altas coma poden ser no IBI, de novas vivendas que forman parte agora dos padróns municipais nos que antes non estaban reflectidas ou coma poden ser maiores ingresos no que ten que ver con licencias de obra, ou mesmo co imposto que temos da plusvalía. Pero que en ningún caso supuxo porcentualmente ningún incremento nas tarifas que os veciños pagan polos seus impostos ou taxas, etc”.
O alcalde ribadense subliñou que “o aforro neto segue sendo positivo, é dicir, que do que ingresa e gasta o concello, é superior o que ingresa. É dicir, que con todo o que ingresamos estamos en condicións de facer fronte a tódolos pagos. E eu penso que un dato moi relevante deste presuposto de 2014 é que no apartado de investimentos reais hai consignados 1. 017.000 euros. Todos estes recursos na maior parte son propios ou municipais, pero tamén hai aínda que en menor medida da Xunta, do Estado e da Deputación Provincial”.
Para Fernando Suárez “un punto moi importante é que non tódolos concellos poden dicir o mesmo, sen que este sexa o paradigma do mellor Concello do mundo, pero si que o capital vivo pendente de amortizar supón a día de hoxe un 34, 6% dos ingresos correntes. Hai que ter en conta que o límite para este capital pendente de amortizar fíxase no 110%, polo tanto o 34,6% queda profunda e afortunadamente distante”.
O rexedor engadiu que “os períodos de pagamento aos provedores estiveron reducíndose de cifras que eran abominables hai anos, a cifras que están dentro dos parámetros que nos marcan as leis. É dicir, que estamos pagando entre 30 e 60 días dende que a factura é presentada e polo tanto se procede á súa aprobación. Estamos xa dentro deses parámetros, o cal indica que dende o Concello a pesar dos moitos problemas que poidamos ter, e a pesar de que non tódalas cousas saen ben, estamos e seguimos avanzando nesta senda de normalizar as arcas municipais e a situación económica do Concello”.
Fernando Suárez tamén contou que “outro dos puntos abordados no pleno de onte foi a fixación dos días festivos locais para o ano 2015 onde por unanimidade de tódolos membros da Corporación establecemos que foran o martes de Antroido e o día da Patroa, o 8 de setembro. Hai que ter en conta que outros anos faise festivo local o día de San Roque, pero no ano 2015 vai cadrar en domingo, así que polo tanto fixamos o día da Patroa e o martes de Antroido. E xa no apartado de rogos e preguntas, onde os diferentes grupos fan achegas, ben en forma de preguntas ou ben en forma de peticións, sobre cousas que son a maior parte delas razoables, por parte do goberno municipal tentaremos cumprilas na maior brevidade posible”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



