Outro ano máis a asociación cultural focense A Pomba do Arco inicia as súas xornadas de historia local. Serán catro días dedicados a dar a coñecer un pouco máis a historia do concello de Foz e por ende da Mariña luguesa na Casa da Cultura “Poeta Manuel María”, do concello de Foz, os días 28, 29, 30 e 31 de xullo ás 20.30 horas.
O día 28 comezarán as xornadas ca posta en escena da obra de teatro “De vello gaiteiro”, unha comedia escrita no ano 1929 por don Manuel Lugilde Penelas, que exercía de mestre en Foz. A primeira vez que se representou foi o 30 de novembro de 1929 no teatro Rosalía de Castro de Foz, 70 anos despois, en 1999, o grupo de teatro da Pomba do Arco poñía de novo en escena esta obra. Actualmente corresponde esta labor ao grupo focense de teatro Pico do Castro, que dan a esta obra uns tinxes máis actuais sen perder a graza e a esencia da obra estreada no 1929. Algo característico desta obra é que foi composta en Foz e representada sempre por xente de Foz.
O día 29 o profesor Filipe Senén dará unha charla titulada Celtas e bretóns na Mariña lucense, na que nos falará amplamente da implantación do celtismo na nosa comarca así como da presenza de bretóns nestas terras. Tendo en conta isto abordará en profundidade temas como bispo Maeloc e o seu asentamento na actual parroquia de Bretoña e tamén falará do Mosteiro Máximo e a súa vinculación ca actual Basílica de San Martiño de Mondoñedo.
O día 30 o profesor Xosé María Leal Bóveda falaranos do ciclo do pan e dos distintos tipos de hórreos do concello de Foz. Charla esta que aporta datos novidosos sobre os distintos tipos existentes na mariña e sobre todo dos que no concello de Foz se conservan. Tamén abordará temas relativos á colleita, conservación e manufacturación de algo tan cotidiá como necesario, o pan.
O día 31 rematarase ca proxección do audiovisual “La guerra de Severo”, documental no que se recolle a vida e as andanzas do derradeiro guerrilleiro republicano, Adolfo Lucas Reguilón, ao que en Foz se coñecía como o mestre don Bernardo, pois baixo ese nome falso estivo vivindo e traballando na súa profesión de mestre de nenos en Foz varios anos, ata que no ano 1956 foi detido pola garda civil no lugar de Mañente. Unha emocionante vida recollida nun ameno documental que merece a pena visionar.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



