Santiago, 10 de xullo de 2014.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves a decisión do Goberno galego de iniciar os trámites para a elaboración dun Plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais, en Ribadeo. Segundo destacou na rolda de prensa tras o Consello, este espazo da Mariña lucense converteuse, nos últimos anos, “nun importante foco de atracción de turismo” polo que a presión dos visitantes en períodos puntuais representa un problema de superación da capacidade de acollida e, en consecuencia, tamén un problema para “o hábitat, que temos que protexer, e para este monumento natural, que temos que preservar”, sinalou.
“Conscientes desta situación –afirmou Feijóo-, vimos de plantexar unha proposta de actuación para a ordenación do uso público da praia das Catedrais, no concello de Ribadeo, de xeito que sexa compatible coa conservación dos seus valores ambientais e co aproveitamento sustentable do recurso turístico”. Unha proposta que, segundo dixo, será presentada pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas este fin de semana en Ribadeo, e que prevé dúas fases de actuación: unha de maneira inmediata, e outra a medio prazo.
Respecto á actuación que se vai desenvolver a medio prazo, o presidente galego explicou que se elaborará e aprobará un Plan de conservación para a praia das Catedrais, “un instrumento de planificación onde se concretará a folla de ruta, os usos e as limitacións necesarias para a conservación deste espazo”. Un documento que “será vinculante” para todas as administracións públicas e para todos os particulares. Deste xeito, o plan concretará as normas de uso público do espazo e regulará a afluencia dos visitantes e a adecuación dos accesos. Así mesmo, regulará o aproveitamento do solo e dos recursos naturais, ao tempo que recollerá os riscos e ameazas que poidan debilitar a conservación deste contorno. O plan dará a coñecer os valores que se deben protexer e, en consecuencia, divulgará os valores naturais, xeolóxicos, culturais e paisaxísticos deste enclave.
“Agora ben, tamén imos actuar de forma inmediata, neste mesmo mes”, aseverou Feijóo, referíndose a que se tomarán decisión para o reforzo da vixilancia nos accesos a este contorno, para a mellora de sinalización e a delimitación de sendas peonís para o acceso á praia das Catedrais. O obxectivo é evitar a alteración do hábitat e das especies protexidas motivada pola acción das pegadas fóra das sendas habilitadas, así como por outro tipo de actividades que se realizan nesta zona.
“Adoptamos dúas decisións: planificar e protexer para o futuro este monumento natural da praia das Catedrais; e actuar neste mes de xullo para que as praias, durante esta tempada xa do verán, teñan uns accesos peonís sinalizados, unhas sendas peonís concretadas e tamén un reforzamento da vixilancia de persoas que faciliten a entrada e o movemento de vehículos e persoas”.
“Imos contar cunha folla de ruta que permita xestionar a praia das Catedrais con acerto: con acerto ambiental e con acerto turístico”, concluíu Feijóo.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



