Ribadeo, 10 de xullo de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, insiste na necesidade de que a praia das Catedrais sexa declarada parque natural. O rexedor convidou á conselleira de Medio Ambiente a participar o vindeiro sábado, 12 de xullo, no acto de izado da bandeira azul do areal ribadense, momento que aproveitará para coñecer de primeira man os plans da Xunta para As Catedrais dos que hoxe se deu conta no Consello do executivo galego.
O rexedor aludiu a o anuncio do Consello da Xunta de hoxe “onde se acorda iniciar o trámite para facer un plan de conservación do monumento natural das Catedrais”. Para Fernando Suárez “é unha nota chea de boas palabras, en canto á regulación, á ordenación de todo ese entorno, pois parece moi positivo, pero o que precisamos é que isto se explique polo miúdo por parte da Xunta porque a delimitación actual da praia e do seu entorno máis inmediato, o que está desde hai nove anos declarado monumento natural, é a día de hoxe insuficiente ao non recoller as posibilidades de actuación de aparcamentos, de apeadeiros de Feve, de poder peatonalizar o acceso da estrada provincial no sentido de facer outra alternativa, etc…”.
O alcalde indicou que “si isto non se amplía sería unha frustración colectiva que nós non desexamos, de aí a proposta do Concello desde hai moito tempo e da Deputación tamén para a declaración de parque natural dunha zona moito máis ampla” . E engadiu que “en todo caso e sen desmerecer nada por todo isto quixemos convidar e convidamos, e así virá, á conselleira de Medio Ambiente para este vindeiro sábado para que nos acompañe no izado da bandeira azul da praia das Catedrais e así poder coñecer de primeira man, por boca dela, as intencións e os compromisos reais da Xunta para lograr que isto siga a ser un motor económico e un motor do turismo para Ribadeo e para a comarca e que os visitantes sigan a levar unha boa imaxe do areal, dos accesos, do entorno, do tratamento…”.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



