Cervo, 4 de xullo de 2014- A temporada de baño arrinca esta fin de semana no municipio de Cervo coa entrada en funcionamento do servizo de socorrismo que se activará a partir do sábado nos principais areais e nas piscinas de Río Covo ata o 15 de setembro. No caso das praias, os vixilantes distribuiranse na do Torno, Cubelas e A Caosa, os areais de máis afluencia e que tradicionalmente veñen contando con este servizo.
O equipo de salvamento está formado por 10 socorristas, poñendo especial énfase no Torno, onde o dispositivo prevé cobertura na zona da ría, do porto e na praia, incrementándose a presenza de persoal neste areal. Ao mesmo tempo o equipo contará co apoio do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e disporá de embarcación de rescate acuático e desfibrilador semiautomático centralizado na praia do Torno. O inicio da época de baño nas praias implica tamén que os areais se atopan xa totalmente acondicionados e equipados co mobiliario habitual.
Ao mesmo tempo, a piscina cuberta de Lieiro continuará aberta durante todo o mes de xullo, polo que o Concello seguirá mantendo o servizo de socorrismo nesta instalación, que neste caso conta con 5 vixilantes, aos que se sumarán os 10 socorristas que velarán pola seguridade dos usuarios das praias cervenses ata chegar ás 15 persoas dedicadas exclusivamente a tarefas de vixilancia e socorro. O persoal que estará pendente dos bañistas nos areais está financiado pola Xunta a través do Plan de Cooperación.
“Cervo está completamente preparado para iniciar a temporada estival, coas praias acondicionadas para acoller a cervenses, turistas e visitantes e, o máis importante, con persoal abondo para garantir a seguridade dos bañistas e evitar calquera incidente” explica o edil de Seguridade, José Ramón Soto. Pola súa banda a edil de Turismo, Begoña Alonso asegura que “las playas cervenses son uno de nuestros mayores atractivos, y cuidándolas y creando un clima de tranquilidad y seguridad pretendemos tamén apoyar al sector turístico, que en estos meses de verano vive un momento álgido en su actividad” remata a edil.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



