Entre o venres 4 e o domingo 6 de xullo, os equipos das Escolas Lourenzá Mondoñedo (Benxamín, Alevín, Infantil A, Infantil B e Cadete) disputaron o prestixioso Torneo Internacional de Luarca de fútbol sala base.
Os alevíns e infantís chegarían a disputar a gran final, mentres que os benxamíns, infantil A e cadete caían na fase de grupos.
Os alevíns chegaron a final e venceron 2-1 a La Paloma de Madrid; despois de eliminar en cuartos ó Camargo de Santander e na semifinal ó Sporting de Portugal. Os goles de Manu Río e Andrés subían o triunfo e o campionato ó equipo alevín nunha final moi disputada.
Ademais, dentro da categoría alevín Hugo Rodríguez recibíu o trofeo ó porteiro menos batido e Andrés López o trofeo de máximo goleador.
Os infantís non tiveron a mesma sorte que os alevíns na final e alzábanse co subcampionato diante tamén do equipo La Paloma de Madrid, caendo na final por un resultado de 6 a 3.
Dani Vidal conseguía o título de porteiro menos batido e Iván Navia facíase co trofeo de máximo goleador infantil.