Lugo, 20 de xullo de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro lembrou que a Xunta de Galicia destina 13 veces máis que a Deputación de Lugo ao sostemento do servizo de axuda no fogar. Mentres que o Goberno galego apoia aos concellos lucenses con máis de 9,1 millóns de euros, (preto de 1,85 millóns de euros, só na comarca da Mariña) a Deputación tan so achega 675.000, unha cantidade manifestamente insuficiente para facer fronte as súas obrigas legais.
Balseiro aclara que o Goberno galego apoia a todos os concellos da provincia sen excepción, financiando os custes do persoal de axuda no fogar necesario para atender aos usuarios deste servizo en situación de dependencia e tamén financia o custe dos traballadores sociais de absolutamente todos os Concellos, independentemente do número de habitantes que teñan.
Balseiro desmente así a afirmación realizada polo vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área provincial de Benestar, Antonio Veiga, a quen lle acosou de estar desinformado ou, o que é aínda máis grave, directamente mentir, xa que é plenamente consciente de que os apoios da Xunta superan con mucho os da Deputación
A DE LUGO A ÚNICA DEPUTACIÓN GALEGA QUE NON CUMPRE
O secretario xeral dos populares lucenses non comprende como tanto a Besteiro como a Antonio Veiga non se lles cae a cara de vergoña por ser a única deputación provincial, das catro galegas, que se está a negar a financiar na súa integridade o custe do servizo básico de axuda no fogar pese a que por lei así lles corresponde.
De feito a actual lei de servizos sociais establece que a Xunta de Galicia debe financiar o custe do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, algo que fai en todos os concellos galegos, mentres que a Deputación debería facer o propio co servizo básico (isto é o que afecta ás persoas non dependentes) pero non o fai
Os populares acusan á Deputación de Lugo de falta de sensibilidade tanto cos concellos lucenses como sobre todo coas persoas maiores que son beneficiarias do servizo de axuda no fogar e traen a colación un dato moi significativo que pon de relevo o incumprimento de Besteiro e de Veiga para cos nosos maiores, xa que as axudas da Deputación deixan ao descuberto o 84% do custe do servizo.


















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).