A Mariña, 18 de xullo de 2014.- O deputado do Grupo Popular e Secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, salientou o acordo adoptado polo Consello da Xunta no día de onte que permitirá que as oito Escolas infantís da rede da Xunta na comarca (A galiña azul) apliquen desde setembro a exención total do pago a partir do segundo fillo que acuda ao mesmo centro.
Os beneficiarios serán as familias con menos recursos, en concreto, aquelas que dispoñan dunha renda pér cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais. Así mesmo, os menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar poderán beneficiarse tamén desta actuación na exención do pagamento.
Balseiro explicou que a exención no pagamento a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil forma parte das actuacións recollidas no Plan para a dinamización demográfica de Galicia 2013-2016, aprobado no Parlamento de Galicia o ano pasado co obxectivo de acadar a recuperación demográfica de Galicia.
A iniciativa do Goberno galego está destinada especificamente a apoiar as familias e, especialmente, a aquelas persoas que deciden ter dúas ou máis fillas ou fillos, xa que estas familias son as que están a facilitar o relevo xeracional establecido en 2.1 filla ou fillo por muller en idade fértil.
A decisión contribúe, ademais, a reforzar a aposta da Xunta por facilitar ás familias a conciliación da vida familiar e laboral.
COMARCA DA MARIÑA
Na actualidade a rede de Escolas infantís que contan co apoio da Xunta na Mariña lucense ascende a oito centros, situados nos concellos de Alfoz, Burela, Foz (2 escolas), Mondoñedo, O Valadouro, Ribadeo e Viveiro
Esta rede viuse incrementada nos últimos catro anos, ao pasar de 379 prazas á actual oferta de 481, sumando 102 prazas máis a disposición das familias da comarca con fillos menores de 3 anos, isto é un aumento de máis dun 100%. Así mesmo, o Goberno galego ten en planificación outra nova escola para esta comarca, en Burela, que contará con 41 prazas.
Ademais da oferta pública en escolas infantís, a Xunta oferta o cheque infantil para preto ás familias que se queden sen praza na rede pública. Trátase dunha axuda económica para axudar a financiar a escola privada que escollan.
Na actualidade, as prazas sustentables con fondos públicos (escolas da Xunta, municipais, de iniciativa social subvencionadas e o cheque infantil) ascenden a 19.201 en Galicia.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



