Lugo, a 7 de xullo de 2014.- Coincidindo co Día mundial da Conservación do Solo, ADEGA e outros 45 colectivos ambientalistas, culturais, empresariais, sindicais, comunitarios, educativos e científicos presentaron no Parque dos Paxariños de Lugo, en pleno contorno natural, a campaña “Cousa de Raíces” destinada a defender o bosque galego ou atóctono en todas as súas facetas: ambiental, cultural, produtiva, educativa ou como factor xerador de emprego. Esta iniciativa retoma unha reivindicación histórica do movemento ecoloxista na defensa das árbores propias, pero desta volta intenta congregar neste mesmo obxectivo os esforzos de todos os sectores implicados na súa preservación e promoción. De feito, a este acto acudiron varios colectivos lugueses que traballan con esta finalidade como, alén de ADEGA, o Bandullo Ecolóxico, o Espazo Agroecolóxico A Estruga, FRUGA, A Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Plataforma Sarriana polo río.
“Cousa de Raíces” chega a Lugo co ánimo de sumar máis colectivo se entidades da provincia a esta causa común, participando de todas aquelas actividades que se desenvolvan no marco desta campaña, propoñendo accións conxuntas a prol do bosque, dando conta daqueles proxectos empresariais ou avances científicos que se vaian acadando arredor das masas arbóreas autóctonas, ou esixindo á administración pública que faga cumprir a normativa vixente relativa á conservación do bosque galego.
Xabier Bruña, vogal de medio rural de ADEGA, engadiu en rolda de prensa que “non menos importante será colaborar conxuntamente no impulso dunha concienciación social positiva sobre o valor ambiental, cultural e económico das nosas árbores”. E sinalou que, pese a todas as vantaxes que ofrece o bosque galego para a nosa sociedade, a día de hoxe tan só o 30% da masa forestal arborada de Galiza é de bosque autóctono, o 15% de todo o territorio, e a súa regresión non se está a frear. Ademais, continúan sen resolverse as ameazas que nos últimos 25 anos puxeron en risco a súa existencia, como os incendios forestais, a proliferación das especies de crecemento rápido, as talas indiscriminadas, as concentracións parcelarias, a desaparición do bosque de ribeira… E, por riba, agora aparecen novas ameazas que precarizarán aínda máis a situación actual do noso bosque, como son os cultivos enerxéticos.
O BOSQUE GALEGO E A CONSERVACIÓN DO SOLO
Na rolda de prensa tamén interviu a directora do Departamento de Produción Vexetal do Campus Universitario de Lugo (USC), Mª Rosa Mosquera Losada, para dar conta da necesidade de preservar o bosque autóctono polos beneficios indispensables que este achega aos solos de Galiza. Neste Día mundial da Conservación do Solo, no que se insta ás sociedades a tomar medidas para evitar a erosión dos terreos fértiles, resulta relevante expoñer as contribucións que os bosques autóctonos fan neste sentido. Segundo estudos realizados na Escola Superior da Politécnica de Lugo polo departamento que dirixe Mª Rosa Mosquera está constatado que:
-As especies autóctonas son as que mellor “crean” solo, primeiro, incorporando aos seus tecidos aqueles nutrientes do solo que se poderían perder e, segundo, devolvéndoos ao chan en forma de potasio e calcio cando as árbores se descompoñen.
-Fronte as especies de coníferas, as árbores frondosas (como o castiñeiro, carballo ou bidueiro) favorecen unha maior biodiversidade e as súas follas incorpóranse máis facilmente ao solo. No caso das coníferas, as follas teñen un elevado contido de lignina que dificulta, non só a súa incorporación no solo, senón tamén o desenvolvemento de especies herbáceas e, por tanto, de biodiversidade.
-As especies autóctonas, por estar mellor adaptadas aos solos galegos, non ofrecen limitacións á hora de realizar cambios nos usos do solo. Sen embargo, as especies coníferas e/ou de crecemento rápido acidifican moito os solos e dificultan a aparición doutras especies vexetais máis propias da nosa contorna.
“COUSA DE RAÍCES” XA DISPÓN DE BLOGUE
ADEGA tamén aproveitou a ocasión para anunciar que xa está a disposición do público xeral o blogue da campaña“Cousa de Raíces”. A vocación colectiva, integral, diversa e colaborativa da campaña está chamada a acoller a particulares e a todo tipo de colectivos que estean a realizar accións divulgativas, formativas, educativas, reivindicativas, produtivas, de custodia, etc., a prol do bosque autóctono. Todas estas accións serán postas en coñecemento da sociedade a través do blogue cousaderaices.wordpress.com, desde o cal calquera persoa tamén poderá manifestar o seu apoio á causa. Así mesmo, servirá como canle de comunicación entre os diferentes colectivos que participan na campaña.
Para aquelas persoas e entidades da provincia que queiran sumarse a esta iniciativa, bastará con que acudan ao blogue de “Cousa de Raíces” ou que envíen un correo a cousaderaices@adega.info.
ENTIDADES PROMOTORAS
ADEGA, ADENCO, A ZARROTA, ALIBÓS, ARTEU, AFG, AGA, AGCT, ASOC. PATRIMONIO DE CASTROVERDE, PETÓN DO LOBO, ASOPORCEL, BANDULLO ECOLÓXICO, CARBALLO VIVO, CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGROBIOLOXICAS DE LOURIZÁN, CHAO DE CASTRO , CULTURA DO PAÍS, CVMC DE LOUSAME, CVMC SOBREIRAS DO FARO, CYCLOWOOD, CDR ANCARES, ENARBORAR O BOSQUE, ERVA, A ESTRUGA, FACTORÍA DE IDEAS, FRUGA, FEG, FORO DO CAMIÑO, FRAGAS DO MANDEO, FROUMA FORESTAL, GRUPO HÁBITAT, HIFAS DA TERRA, QUERCUS SONORA, MARIÑAPATRIMONIO, NATURVIVA,ORGACCMM, OVICA, PLATAFORMA SARRIANA POLO RÍO, POLITÉCNICA (CAMPUS LUGO),POSADA MARRÓN GLAÇE, PROXECTO NEO, RIDIMOAS, RÍOS CON VIDA, SGO, SOBREIRAS DO ULLA, VERDEGAIA.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



