Juanma, o gran capitán do CD Burela FS Pescados Rubén, comeza unha nova etapa na entidade burelesa tras decidir que a súa carreira deportiva chegou ao final do camiño logo de case 20 anos nas pistas. A traxectoria deportiva do Club Deportivo Burela Pescados Rubén e Juanma foron da man case desde os seus inicios tras máis dunha década lucindo e defendendo a camiseta laranxa coa que proporcionou numerosas ledicias e emocións a Vista Alegre; ascensos, play off, derbis, goles, compromiso, …recordos imborrables na memoria da afección laranxa que viu crecer ao Mariskal, a quen poderá homenaxear na súa casa, Vista Alegre, no encontro de presentación da nova tempada.
Secretario Técnico
Juan Manuel Marrube Rodríguez cambia a pista pola secretaría técnica do club e tamén exercerá como segundo adestrador do equipo de Primeira División. O presidente e vicepresidente do Burela Pescados Rubén, Manuel Blanco e José Luis Sáez, apoiaron a Juanma no seu acto de presentación na oficina do club. Manuel Blanco manifestou a súa satisfacción “por ter a fortuna de reforzar a estrutura do club cunha persoa como Juanma que sempre demostrou o seu compromiso coa entidade” mentres que José Luis Sáez destacou “a importante responsabilidade que asume na súa nova faceta, confiamos plenamente na súa xestión”. Ambos dirixentes amosaron a súa satisfacción por “ter a posibilidade de seguir contando cunha persoa como Juanma que é patrimonio do club. A súa experiencia deportiva, ademais da súa formación, permítenos seguir dando pasos positivos como entidade”.
Pola súa banda, Juan Manuel Marrube declarou que “estou moi contento e agradecido pola confianza que de novo depositou en min o Burela Pescados Rubén. Agora realizarei nunha nova función que me ilusiona enormemente xa que me permite seguir vinculado ao deporte, ao fútbol sala e ademais no meu equipo, é un privilexio. Un reto apaixonante que afronto con moita ilusión e convencido que desde a humildade seguiremos crecendo e xerando ilusión á xente. A idea do club é seguir potenciando a base e canalizala adecuadamente cara ao equipo senior, é unha ilusión de todos que o traballo que se está realizando coa base continúe a súa progresión e se vexa reflexado no primeiro equipo. Teño tamén a oportunidade de ver outra perspectiva do fútbol sala e aprenderei moito como asistente de Juanlu”. En referencia á decisión de pechar a súa carreira deportiva comentou que “nunca é unha decisión sinxela pero considero que é o momento idóneo. Seguro que o botarei de menos pero é unha decisión acertada”.






















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
