O Burela Pescados Rubén reforza o seu arsenal ofensivo coa fichaxe de Sebastián Vargas Otero “Chano” que chega ao conxunto mariñao procedente do Azkar Lugo FS. O club burelés e o xogador gaditano, natural de Jerez de la Frontera, asinaron un acordo para a tempada 2014/2015. Aos seus 26 anos, Chano chega ao Burela Pescados Rubén tras completar unha gran tempada no conxunto transportista no que se erixiu en referencia ofensiva, sendo o máximo realizador con 16 goles.
Chano mostrouse moi contento de pasar a forma parte do proxecto do Burela Pescados Rubén “é unha gran oportunidade na miña carreira deportiva. O proxecto do Burela Pescados Rubén convénceme en todos os aspectos. No deportivo é un salto de calidade na miña carreira poder xogar nun club con aspiracións máis altas que a permanencia, é un reto persoal para seguir progresando. A presenza de Juanlu tamén foi un factor fundamental na miña decisión así como a paixón de Burela polo Fútbol Sala. A afección laranxa é un exemplo e é fantástico para un xogador sentir o apoio dunha afección á que lle encanta este deporte”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
