CADERNOS DA VIAXE. Unha amiga galega, tamén avogada, recoméndame un “post” do “blog” da avogada madrileña Verónica del Carpio, que contén a súa opinión sobre a situación actual da xustiza e do Estado de Dereito español, concluíndo que,no noso sistema institucional, unha maioría absoluta no Congreso tradúcese en poderes omnímodos para o Goberno e a maioría que o sostén, de xeito que se deturpan os principios de control xudicial da legalidade da actuaciòn administrativa e de control da constitucionalidade das leis.
E a análise desta avogada madrileña é ben lúcida. Porque a maioría parlamentaria e o Goberno controlan a elección do Tribunal Constitucional, que decide sobre se son ou non constitucionais as leis e decretos-leis que aproban os Parlamentos e Gobernos estatal e autonómicos. E, tamén, controla a elección do Consello Xeral do Poder Xudicial, que controla a elección dos maxistrados do Tribunal Supremo e doutros altos cargos xudiciais. Deste xeito, a incidencia gobernativa nos controis de legalidade e constitucionalidade convírtese en abafante.
O Goberno do Estado pode aprobar, como fixo hai poucos días, un Decreto-Lei que modifique centos de leis e, logo de ser convalidado polo Congreso, só o Tribunal Constitucional poderá declaralo inconstitucional, malia que non exista esa extraordinaria e urxente necesidade que habilita constitucionalmente para o uso dese instrumento excepcional ou invada materia reservada aos Estatutos de Autonomía ou a leis orgánicas, invasión que determinaría tamén a súa inconstitucionalidade.
É o Tribunal Constitucional quen fixa a súa propia axenda; se por presión do Goberno que nomeou á súa maioría adian o fallo dun recurso contra un decreto-Lei inconstitucional, a sentenza virá cando o dano estea xa feito. Pola contra, cando lle interesa a este degradado sistema institucional, resólvese axiña. Velaí o atraso en resolver o recurso contra as taxas xudiciais.
Vivimos, xa, nun sistema xurídico contaminado polo Goberno do Estado. Compre, pois, vermos a realidade dun emperador que vai espido para enfrontar na vindeira reforma constitucional unha regulación que garanta o equilibrio de Poderes e o control da constitucionalidade das normas por un Tribunal Constitucional obxectivo e independente do Poder Executivo.
Xoán Antón Pérez-Lema




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



