Como anunciara o presidente de Pasada das Cabras horas antes no programa da Radio Galega “Coñecer Galicia”, medio centenar de caminantes participaron este sábado 19 de xullo na ruta nocturna de Burela a San Cibrao, un clásico das camiñatas no verán mariñán. A pesar dos constantes aguaceros que caeron na xornada, nas dúas horas que tardaron en chegar a San Cibrao non caeu unha soa gota. Ademais, acompañounos unha temperatura agradable e, incluso, puideron apreciar un ceo totalmente estrelado cando alcanzaron o polígono industrial da Península da Paz. O Noso Lar de San Cibrao preparou unha chocolatada con churros para repoñer forzas. Despois, a maioría fixeron o retorno en coche; pero, uns poucos, os máis en forma, repetiron a camiñata cara a Burela, chegando ás 4 da madrugada. A vindeira saída será o domingo 3 de agosto e a ruta a realizar é a do Río Masma en Lourenzá, atendendo unha invitación dos amigos da asociacion Terras de Lourenzá.























Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



