A viñoteca, cervexería e local de copas O Traste, de Burela, celebra este venres 18 de xullo a terceira edición da festa da nécora.
Con ese motivo, ofrece menús con 6 nécoras e unha botella de albariño por 25 euros; aínda que tamén venderá nécoras por unidade a un prezo de 5 euros.