Ribadeo, 20 de agosto de 2014.- A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo presente este venres 22 de agosto a partir das 20.30h na Casa do Mar de Ribadeo o vídeo documental “AS MEMORIAS DO MAR DE RIBADEO” que promove a gracias a unha axuda da Consellería do Mar a través dos Grupos de Acción Costeira (GAC-01 A Mariña-Ortegal) e no que colaboran as seis confrarías da provincia.
Esta película inclúese nunha serie de seis documentais sobre cada unha das confrarías de pescadores de Lugo, nos que se destacan os principais aspectos da historia local de cada pobo, íntimamente relacionados co mar. Preténdese recuperar unha parte da memoria histórica de cada porto e cada pobo, facendo un percorrido polos acontecementos máis destacados dos últimos séculos: cómo foi evolucionando a pesca, as medidas de seguridade e habitabilidade das embarcacións, a importante actividade de cabotaxe e de transporte de mercadorías, os asteleiros e carpintería de ribeira, as fábricas de salazón e conservas, e outras anécdotas de abundancia na pesca e marisqueo, de naufraxios…
“As Memorias do Mar de Ribadeo” é unha película documental duns trinta minutos na que se presenta unha parte da memoria histórica do pósito de Ribadeo, cos recordos e reflexións de personas relacionadas co mar, veteranos como Mª Paz Soto Rodríguez (ameixeira xubilada) ou José Navarret Rodríguez (armador xubilado); ex-patróns maiores da Confraría como Secundino Balsa Rodríguez, Domingo Fernández Fernández e Celia Pacio Fernández; outros como José Angel Sanjurgo, traballador na confraría desde o ano 1977, que explica os cambios no pósito local e na ría dos últimos 40 anos; ou o profesor xubilado e ex-alcalde Eduardo Gutierrez, amante da historia local, que aporta algunhas pinceladas dos momentos máis relevantes da actividade marítima de Ribadeo.
A presentación do vídeo é un acto aberto ó público e terá lugar este venres 22 de agosto ás 8 e media da tarde no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo. De cada un destes documentais edítanse 1000 copias en DVD, que se distribuirán gratuitamente a través de cada unha das seis confrarías de pescadores e da propia Federación Provincial de Confrarías, que tamén o empleará como material de promoción e divulgación en feiras de mostras, xornadas técnicas e outros eventos relacionados