Lugo, 20 de Agosto de 2014.- Para FRUGA a conxunción de factores que se están a producir no sector lacteo require que as administracións galega e estatal reaccionen e actuen xa. Non se pode agardar a que o sector entre nunha grave crise.
A nova baixada de prezos anunciada polas industrias, a posibilidade dunha multa por sobreproducción (supertaxa), o veto ruso e o reposicionamento dos sectores lacteos dos grandes paises produtores europeos e mundiais, presentan un panorama moi pouco claro. Fronte o cal as administracións están a mirar para outro lado.
Dende FRUGA demandamos que os representantes da Administración deixen de ameazar @s gandeir@s e se poñan a traballar polo futuro futuro do sector.
Por todo o mencionado, imos contrastar c@s gandeir@s [1] esta situación e recoller as súas inquedanzas sobre as medidas a adoptar para acadar a implicación das administracións nas posibles solucións. Que entendemos que poden
pasar polos puntos que se recollen no boletín distribuido coas convocatorias:
* Negociación con Bruxelas, co fin de evitar o pagamento da multa por sobreprodución na campaña 2014-2015.
* Actuar sobre os custes de produción, favorecendo a mobilidade da terra, impedindo a forestación de terras agrarias e procedendo a unha ordenación dos cultivos. Esta Consellaría ten conxelado o Banco de Terra e non está servindo para o fin que foi creado.
* Observatorio Lácteo Galego. Este instrumento tampouco está cumprindo a función de determinar os custes de produción como paso previo para establecer prezos xustos para o noso leite e que cubran eses custes.
* Interprofesional Láctea Galega, como lugar onde chegar a acordos firmes e estábeis entre as partes, contando coa presenza da produción, industrialización, comercialización e administración.
* Grupo Lácteo Galego. O 80% do leite galego é transformado por industrias de fora da Galiza e iso repercute directamente sobre o prezo que se nos paga polo noso leite.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



