Este xoves 14 de agosto ás 17.00 horas no Hotel Nordés de Burela terá lugar a presentación do cartaz oficial e das actividades da primeira edición do Festival Osa do Mar que se celebrará en Burela o 12 e 13 de setembro.
Osa do Mar nace coa idea de ofrecer unha imaxe dinámica e moderna de Burela, de A Mariña e de Lugo. Por medio de un festival de música alternativa e independente acompañado de diversas actividades nunha fin de semana que se convertirá na festa de despedida do vrao.
A banda de punk-pop de Poio-Chantada Los Televisores e a de soul-funky GLS de San Cibrao ofrecerán sendos concertos na terraza do hotel Nordés esa mesma xornada a partir das 22.00 horas.
Venres 12
– Skolhma (Burela)
– Los Septiembre (Vigo)
– Sunday Morning Club (Viveiro)
– Ataque Escampe (Compostela)
– Hama Prince (Teo)
– Moondogs Blues Party (Lugo)
– Acid Mess (Oviedo)
– The Glockenwise (Portugal)
– The Brosas (Burela)
– Músculo! (Valga)
Sábado 13
– Elementary (Burela)
– Rockatansky Brothers (Lugo)
– Remakers (Ribadeo)
– Batuko Tabanka (Burela)
– Grampoder (Compostela)
– Santa Rita (Barcelona)
– Killimanjaro (Portugal)
– Das Kapita (Compostela)
– Triángulo de Amor Bizarro
– Cro! (Pontevedra)
– Guerrera (Pontevedra)
– Unicornibot (Pontevedra)
– Orquesta Metamovida
Festa completa
– Acampada gratuíta co abono para os dous días ó lado do recinto e a 300 metros da praia da Marosa.
– Campionato de BMX
– Concurso de graffitis nos muros do Campo de fútbol da Marosa
– Zona de tendas e de comida
– Obradoiros de música e instrumentos para nenos
– Transporte de ida e volta a Burela
– Campionato de surf
– Ruta BTT Osa do Mar
– Sesión vermú a mediodía do sábado 13 de setembro polas terrazas. Ás 13.00 horas Elementary no Traste, ás 14.00 horas Rockatansky Brothers na Cervexería Kiko e ás 15.00 horas, Remakers na terraza do hotel Nordés.
Entradas
As entradas están xa á venda por un prezo de 6 euros para un día e 10 euros para os dous a través de ticketea ou nas tendas colaboradoras de Burela, Foz, San Cibrao, Ribadeo, Viveiro, Lugo, A Coruña, Santiago, vigo, Pontevedra, Xixón e Oviedo.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



