Ribadeo, 26 de agosto de 2014.- Dende o pasado venres, Ribadeo conta cun Círculo Podemos. Somos conscientes de que non somos unha institución rematada, nin queremos sela: un lugar onde xente viva tenta afrontar problemas, propoñer solucións e axudar a implantalas non pode ser algo ríxido. Menos aínda ó comezo, cando está todo por facer e a xente que se vaia achegando aportará as súas ideas e traballo mesmo para definir a causa común.
Falta tempo para que se poda falar do Círculo Podemos Ribadeo dicindo algo máis aló de que é un grupo de xente que quere contribuír a mellorar unha situación que se percibe peor cada día.
Con esta nota de prensa non se trata de definirnos. Aínda non. Só de dicir: estamos e podemos.